Larsa, marca máis consumida en Galicia e favorita por cuarto ano consecutivo

Única marca rexional que logra situarse primeira na súa comunidade autónoma: Galicia, segundo o estudo Brand Footprint 2021


Larsa é a marca máis consumida de Galicia e favorita dos galegos á hora de encher a súa cesta da compra. O liderado de Larsa é indiscutible e mantense na primeira posición por cuarto ano consecutivo segundo o estudo Brand Footprint 2021.

O estudo  Brand  Footprint, que cada ano realiza Kantar  Worldpannel, sobre as marcas de gran consumo máis elixidas en España revela na súa última entrega que Larsa é a única marca rexional que é líder do mercado na súa comunidade autónoma, Galicia, o seu territorio de orixe.

Este é o cuarto ano que os galegos elixen Larsa como a súa marca favorita, un orgullo e unha honra que, cremos, apoia a nosa aposta por seguir ofrecendo alimentos lácteos da máxima calidade e o sabor dos nosos valores diferenciais: o Pastoreo e o leite de calidade certificado 100% galego.

Desde Larsa continuamos apostando por produtos innovadores e da máxima calidade, elaborados con leite de Pastoreo certificado pola entidade líder en supervisión de cumprimento normativo SGS.