Iogures Larsa: Tipos e características nutricionais

Falar de Iogures Larsa é falar de cremosidade, textura e mooooito sabor. Produtos elaborados con Leite de Pastoreo 100% Galego, un modelo que permite a todas as vacas pacer ao aire libre, ao seu ritmo e sen estrés, garantindo produtos lácteos da máxima calidade, con sabor a leite de toda a vida. 

Probablemente, ao falar dos Iogures Larsa, véñenseche á cabeza os nosos míticos Iogures sabor Vainilla, os nosos Cremosisímos Larsa ou calquera dos nosos Iogures con Froitas. A que sí? 😉 

O Iogur é un produto que se obtén a partir da fermentación láctica. O seu consumo estandarizouse, convertendo ao iogur nun alimento consumido por moitísimas persoas. 

Queres saber que é o iogur, cales son as súas características e por que deberías incluílo no teu día a día? Segue lendo!

 

Que é exactamente o iogur?

O iogur é un derivado lácteo que contén leite e fermentos lácticos como ingredientes principais. Os fermentos lácticos son microorganismos vivos con grandes beneficios para a saúde. 

A fermentación da lactosa outorga ao iogur a súa acidez e parte do seu sabor. É este proceso o que permite que as persoas intolerantes á lactosa poidan consumilo sen sufrir trastornos dixestivos. 

Ademais do leite e os fermentos lácticos, o iogur pode conter outros ingredientes como anacos de froita, azucre, edulcorantes ou cereais, entre outros.

 

Tipos de Iogures Larsa

En Larsa contamos cunha ampla gama de iogures, todos cun sabor e textura que os fai únicos. Produtos elaborados con Leite de Pastoreo Certificado e 100% Galego. 

Dentro do gran abanico de Iogures Larsa é fácil perderse. Por iso queremos contarche, de forma moi resumida, que produtos Larsa podes atopar no supermercado o próximo día que vaias á compra.

 

Iogures Bífidus con Leite de Pastoreo

Os Iogures Bífidus axudan a reforzar a microbiota intestinal. Pero, sabes por que? A razón principal é que este tipo de iogures conteñen unha bacteria do xénero bifidobacterium. 

Esta bacteria ten efectos probióticos beneficiosos para a saúde. 

Se queres coidarte e consumir á vez un produto con sabor a leite de toda a vida, estás de sorte. En Larsa poderás atopar: Iogur Bífidus con Cereixa, Bífidus con Mandarina, Bífidus sabor Vainilla, Bífidus con Abelás, Bífidus Natural e Bífidus Natural Desnatado. Descúbreos e elixe o teu favorito!

 

Iogures Tradicionais con Leite de Pastoreo

Dentro da categoría de Iogures Tradicionais están os nosos iogures de toda a vida; os Iogures Naturais, os Iogures Naturais Azucrados, os Iogures Sabor Amorodo, ou Limón, Plátano, Ananás e un dos iogures que máis paixóns levantan no panorama Larseiro: o Iogur sabor Vainilla. 

Goza do seu sabor e cremosidade grazas ao Leite de Pastoreo! 

 

Iogures de Pastoreo con Froitas

Os Iogures de Pastoreo con Froitas Larsa, conteñen anacos de froita ademais dos ingredientes imprescindibles (leite e fermentos lácticos).

Con Mandarina, con Uvas, con Pexego, con Froitas do Bosque, con Cereixa, con Amorodo… Cando falamos dos nosos Iogures con Froitas, falamos de cremosidade, textura e moito sabor nun só vasiño de iogur.

 

Iogures Cremosísimos con Leite de Pastoreo

Os Iogures Cremosisímos están entre os máis novos da gran familia de Iogures Larsa. Están elaborados con Leite de Pastoreo, ao que se lles engade un lixeiro toque de nata, na súa xusta medida para que sexan cremosísimos pero lixeiros á vez 

Existen 3 sabores de Iogures Cremosísimos: Cremosísimo Natural, Cremosísimo Amorodo e Cremosísimo Limón. Probáchelos?

 

Iogures Desnatados con Leite de Pastoreo

Os Iogures Desnatados con Leite de Pastoreo contan cun contido moi baixo de materia graxa. Son perfectos para aqueles que desexan coidar da súa alimentación mentres gozan de todo o sabor do Leite de Pastoreo Certificado.

Descobre tooodos os seus sabores: Iogur Desnatado Natural, Iogur sabor Lima-Limón, con Cereais e Fibra, sabor Amorodo, con Amorodos, con Melón, con Framboesa ou con Piña. 


Sobremesa con Leite de Pastoreo

Os nosos Iogures Sobremesa son un chisco á gastronomía galega e as comidas familiares. Dentro desta categoría, podes atopar o Iogur Sobremesa sabor Licor Café ou o Iogur Sobremesa Mazá ao forno.

En canto aos seus ingredientes, o Iogur Sobremesa sabor Licor Café está elaborado cun 15% de preparado de café. Pola súa banda, no Iogur Sobremesa Mazá ao forno, podes atopar un 50% de mazá dentro da súa composición. Así é como conseguimos estes sabores tan característicos!

 

Características nutricionais do iogur

O iogur, en función do tipo de iogur e ingredientes que conteña, pode presentar unhas ou outras características nutricionais. 

Polo xeral, os iogures destacan polo seu alto contido en proteínas, graxas, calcio e outros minerais como potasio, sodio ou magnesio.

 

Proteínas

O iogur contén unha elevada cantidade de proteínas de alto valor biolóxico, sendo o soro e as caseínas as máis habituais. 

Debido á liberación de péptidos e aminoácidos levada a cabo polas bacterias, as proteínas do iogur teñen unha alta dixestibilidade. Estes aminoácidos relacionáronse con actividades antimicrobianas, antihipertensivas e inmunomoduladoras. Tamén contribúen ao aumento e á conservación da masa muscular e ao mantemento dos ósos.

 

Graxas 

O perfil lipídico do iogur tamén é interesante, aínda que varía bastante dependendo dos ingredientes utilizados. Hai que ter en conta que os iogures desnatados apenas conteñen este nutriente.

A graxa dun iogur posúe ácidos graxos de fácil absorción, tanto de cadea curta (se conteñen 4-6 carbonos na súa estrutura) como de cadea media (se presentan 8-12 carbonos). Os iogures conteñen tanto ácidos graxos saturados, monoinsaturados como poliinsaturados tendo unha maior presenza os ácidos graxos saturados.

 

Calcio

Como en todos os lácteos, o calcio é o mineral máis destacado dos que están presentes nos iogures, debido a súa gran biodispoñibilidade. Isto quere dicir que, a parte de conter unha cantidade destacada de calcio, éste é absorbido nos iogures e nos lácteos con máis facilidade polo organismo, con respecto a outros alimentos como a espinaca. 

Unha ración de iogur achega aproximadamente 150 mg de calcio, polo que cubriría case un 20% dos requirimentos nutricionais necesarios. 

Ademais, os iogures tamén presentan cantidades reseñables doutros minerais como poden ser o potasio, o sodio ou o magnesio. 

 

Vitaminas

En canto ás vitaminas, a cantidade presente no iogur varía en función da cantidade de graxas que contén. Por exemplo, o iogur desnatado, ao conter pouca materia graxa, é o iogur con menor cantidade de vitaminas liposolubles. 

En conclusión, existe unha gran diversidade de iogures que varían en función da composición e características nutricionais. En Larsa, por exemplo, dispoñemos de 6 familias de iogur, todas elaboradas con Leite de Pastoreo 100% Galego. 

O próximo día que vaias ao supermercado, podes seguir escollendo o teu Iogur Larsa segundo o sabor ou tamén ter en conta as necesidades nutricionais que necesites satisfacer. Por exemplo, podes elixir iogures para fortalecer a microbiota ou reducir a materia graxa.

En Larsa elaboramos todos os nosos produtos con Leite de Pastoreo Certificado. O Pastoreo é un modelo que ademais de coidar das vacas, dos consumidores e do medio ambiente, permite producir e elaborar produtos lácteos garantindo a calidade, o sabor e a textura a leite de toda a vida. 125 g de sabor, textura e cremosidade nun só vasiño de iogur!

557