Iogur con Mandarina

Unha sobremesa ou merenda ideal con todo o sabor da nosa froita cítrica de inverno favorita
A mandarina é ese sabor a tardes de inverno, cítrico e cargado de vitaminas para nos protexer do frío. O Iogur con Mandarina Larsa, elaborado con Leite de Pastoreo, recupera esa esencia para que a poidas saborear fóra de temporada. Unha das nosas últimas incorporacións aos iogures con froitas que xa se fixo cun sitio destacado entre os fans #Larseiros
  • Valores medios por 100gr
  • Enerxía:394KJ (94Kcal)
  • Graxas:3,3 g
    • das cales
    • Saturadas:2,2 g
  • Hidratos de carbono:12,3 g
    • dos cales
    • Azucres:11,7 g
  • Proteínas:3,7 g
  • Sal:0,1 g
  • Calcio:120 mg (15% VRN)
Leche, preparado de fruta 15% (Mandarina: 40%, naranja : 20%, azúcar, jarabe de glucosa y fructosa, almidón modificado,estabilizante: pectina,corrector de acidez: ácido cítrico, aroma), azúcar, leche en polvo desnatada, proteínas de la leche, fermentos lácticos (leche)
Yogur-con-mandarina_WEB

Cárgate de vitamina C e desfruta!

O Iogur con Mandarina é unha moi boa forma de te cargar de vitamina C porque, ademais de polpa de mandarina, enriquecémolo cun toque de laranxa. Unha nova maneira de desfrutar da froita de inverno acompañada dun iogur cremoso coma poucos

Merendar, almorzar ou cear… Elixe o teu momento!

Un lácteo, un probiótico e con froita: iso é o Iogur con Mandarina e por iso é un alimento perfecto para calquera hora. Para almorzar, de sobremesa, de merenda ou como cea lixeira? Elixe o teu momento iogur e desfruta con Larsa!

547