A partir de hoxe cando goces de iogures Larsa lembra non tirar as tapas porque… Poden ter premio! Debaixo das tapas dos nosos iogures agochamos unha chea de agasallos e experiencias.
Queres coñecer todos os premios que podes gañar?
- Lote de iogures Larsa durante 1 ano
- Fin de semana nunha cabana na árbore para 2 persoas
- Paseo en globo aerostático pola Ribeira Sacra para 3 persoas
- Entradas para o Parque Zoolóxico Marcelle Natureza para 3 persoas
- Mochila de tea para colorear e un set de ceras
Estes son os iogures que entran dentro da promoción (unitarios e caixas de 8 uds.):
- Iogur sabor Vainilla
- Iogur sabor Amorodo
- Iogur Natural
- Iogur Natural Azucrado
- Iogur Natural Desnatado
Así que xa sabes, comproba a tapa cando vaias comer un iogur Larsa e, se está premiada, non a tires! Gárdaa ata o final da promoción e envía unha foto (anverso e reverso) xunto co ticket de compra ao enderezo electrónico que atoparás na tapa.
Moita sorte, Larseiro!