Iogur desnatado sabor Amorodo

Un iogur desnatado coa textura perfecta do iogur con Leite de Pastoreo e un refrescante sabor a amorodo que non deixa a ninguén indiferente
Un sublime Iogur Desnatado de Amorodo cun corpo inimitable. Se aínda non coñeces o iogur desnatado de amorodo con Leite de Pastoreo Larsa, é hora de descubrilo. Porque combina á perfección o toque acedo do iogur desnatado co doce sabor do amorodo. Próbao! Estamos seguros de que repetirás
  • Valores medios por 100gr
  • Enerxía:148KJ (35Kcal)
  • Graxas:0,1g
    • das cales
    • Saturadas:0,1g
  • Hidratos de carbono:4,5g
    • dos cales
    • Azucres:4,5g
  • Proteínas:4,0g
  • Sal:0,1
  • Calcio:120mg (15% VRN)
Leche desnatada, leche en polvo desnatada, azúcar, aroma de fresa, colorante (E-120), fermentos lácticos (leche)
DESNATADO-SABOR-FRESA_WEB

Un dos nosos clásicos reinventados

O Iogur de Amorodo con Leite de Pastoreo forma parte da gama de iogures tradicionais Larsa dende hai moooito tempo. Agora, reinventámonos para lanzar a súa versión desnatada, que estamos seguros de que se converterá na favorita dos que queren coidar a súa liña.

O noso segredo, o Leite de Pastoreo

E cal é o segredo da fórmula gañadora dos nosos iogures? A materia prima: elaborar os iogures desnatados de amorodo con Leite de Pastoreo Larsa, de vacas que saen cada día aos mellores pastos de Galicia, como sempre se fixo na nosa terra. Porque se algo é bo, para que cambialo?

1203