Pastoreo Larsa
Sabías que as vacas en réxime de pastoreo viven en plena natureza?
Larsa é a primeira marca de Leite de Pastoreo certificada por SGS S.A., entidade líder en inspección e verificación. Este selo garante que as nosas vacas gozan da vida ao aire libre e dunha alimentación natural. A gandaría en pastoreo é algo máis que unha forma diferente de producir. É unha forma de vida, unha forma de ser que busca obter alimentos sans, de calidade, cun uso óptimo e racional dos recursos, respectando o medio ambiente. Ser de Pastoreo é estar apegado á terra, vencellado ao coidado da paisaxe e dos ecosistemas.
Con este procedemento tradicional producimos o noso leite enteiro, semidesnatado e desnatado, con ou sen lactosa, os nosos iogures e os nosos cremosos queixos. Toda unha gama de produtos de sabor diferente, inconfundible. Descúbreos! Pásate ao Pastoreo de Galicia. Pásate a Larsa.
Pastar ou non Pastar, esa é a cuestión de Ser ou non Ser Leite de Pastoreo. Porque Pastoreo Larsa significa liberdade, natureza, control do benestar animal… E iso nótase!



1ª marca certificada como Leite de Pastoreo
Larsa é a primeira marca certificada como Leite de Pastoreo por SGS S.A., un selo que confirma que as nosas vacas pastan en liberdade nos prados de Galicia
100% Galego
Leite, iogures e queixos producidos con leite 100 % Galego, grazas aos gandeiros de granxas de proximidade
Calidade e Innovación
Cando un produto é bo, é mellor deixalo como está. Por iso levamos dende 1933 sen cambiar demasiado. Innovamos para recuperar sabores tradicionais e ofrecerchos en novos formatos
Ver todos os produtos
Produtos Larsa
Suave, cremoso, cunha textura perfecta para lograr un fundido e un sabor únicos.
Así é o noso Queixo en barra e en lonchas; un clásico nos lares galegos dende hai décadas. Ideal para a merenda, para preparar un sándwich delicioso ou para incorporalo en todo tipo de pratos. Próbao tamén Lixeiro ou Sen Lactosa, pero todo con Leite de Pastoreo!
Unha liña de produtos con todo o sabor e a esencia das cousas ben feitas durante case un século, pero sen lactosa.
Recupera a ilusión de saborear o 1.º Leite de Pastoreo Sen lactosa Semidesnatado ou Leite Sen lactosa Desnatado 0 % Materia Graxa; o Queixo Sen Lactosa de Larsa e os nosos Iogures Sen Lactosa: Natural Azucrado, Vainilla e Amorodo
En case un século comprendemos que o importante é o camiño que percorres, e milleiros de persoas empréndeno cada ano ata a nosa terra.
O Iogur do Peregrino é a nosa homenaxe a todos eles, á porfía e á constancia, con dous sabores tan de noso coma a Torta de Santiago e as castañas do noso outono, elaborados co leite máis saboroso: o Leite de Pastoreo. Próbaos!
#Larseiros Únete á comunidade de incondicionais de Larsa e aproveita as súas vantaxes
Se na túa neveira non falta un Iogur Larsa de Vainilla, se levas toda a vida a merendar con Queixo de Barra ou de Bola… Se te pasaches ao #Pastoreo porque deveces polo seu sabor, se cadra aínda non o sabes, pero es un #Larseiro e iso merece unha recompensa!
Benvido ao mundo Larseiro! Un espazo galego, novo e divertido coma ti!

Vídeos Larseiros
Estamos orgullosos da nosa orixe, do que facemos e de levar tantos anos contigo. Contámosche por que somos como somos.

Momentos Larseiros
Únete á nosa comunidade #Larseira e mantente ao día das nosas novidades e sorpresas