3 entremeses con Crema de Queixo Larsa para este Nadal

En Nadal, a nosa creatividade na cociña aumenta. Queremos sorprender aos nosos convidados e elaborar receitas diferentes, con moito sabor.  

O noso último lanzamento encantouvos: As primeiras Cremas de Queixo elaboradas con Leite de Pastoreo 100% Certificado. Un produto que nace do resultado de fundir dous dos nosos queixos máis emblemáticos; Queixo Barra Larsa e Queixo San Simón Afumado.  

Así que, se aínda non experimentaches coas nosas novas Cremas de Queixo Larsa na cociña, imos elaborar tres ideas de entremeses para unhas festas ben Larseiras. Uns aperitivos deliciosos e sinxelos de elaborar que están para lamber os dedos. Prometido! 

 

1. Bolos recheos de Crema de Queixo San Simón e touciño

Os bolos recheos son sempre unha moi boa opción para comezar as ceas do Nadal. Pequenos boliños recheos cos que gozar do intenso sabor da Crema de Queixo San Simón Afumado e pequenos toques a touciño. Imaxina a explosión de sabor! 

Ingredientes: 

  1. Comezamos tamizando a fariña e o fermento, pasándoos por un coadoiro fino e eliminando todos os grumos.
  2. Mesturamos a auga, a manteiga, o chisco de sal e o azucre nunha pota e poñémola ao lume a temperatura media.
  3. En canto rompa a ferver, engadimos de golpe a fariña e o fermento, baixamos o lume e removemos ata obter unha masa homoxénea que se despegue das paredes da pota.
  4. Retiramos do lume e deixamos amornar durante 2 minutos. Transcorrido ese tempo, engadimos os ovos dun en un, batendo antes e despois de agregar cada ovo. Deixamos repousar a masa unha media hora.
  5. Axudándonos de dúas culleriñas de café, damos forma aos nosos bolos.
  6. Poñemos unha tixola con aceite ao lume e, cando estea ben quente, engadimos os nosos bolos. Dourámolos ben por ambos lados.
  7. En canto estean feitos, retirámolos a un prato con papel de cociña, para que absorba o aceite sobrante e deixámolos repousar 5 minutos.
  8. Nunha tixola cunha pinga de aceite, douramos o touciño por ambos lados. Sacámolo da tixola e cortamos en pequenos anacos.
  9. Abrimos os bolos e enchémolos con Crema de Queixo San Simón Afumado e colocámoslles o anaco de touciño enriba. A gozar!

2. Follado recheo con Crema de Queixo Barra e pemento caramelizado 

Os canapés de follado son un recurso sinxelo e á vez delicioso. Se che gusta o follado crocante e non tes moito tempo para crear a túa propia masa, podes comprar un paquete de vol au vent en calquera supermercado e crear os teus propios recheos. Nós propoñemos elaboralos a partir de masa de follado e enchelos con dous dos nosos favoritos: Crema de Queixo Barra e pemento caramelizado. Acerto seguro!

Ingredientes: 

  • 1 lámina de follado 
  • 1 ovo 
  • 100 g de Crema de Queixo Barra Larsa 
  • 50 g de queixo azul  
  • 1 pemento vermello 
  • 1 cullerada de aceite de oliva 
  • 2 culleradas de azucre moreno 
  • 1 cullerada de vinagre balsámico  
  • 1 chisco de sal

Elaboración: 

  1. Poñemos unha tixola cun pouco de aceite ao lume. En canto estea quente, engadimos o pemento picado e refogamos ata que estea brando.
  2.  Engadimos o chisco de sal e o azucre e removemos ata que se caramelice. En canto comece a caramelizarse, engadimos o vinagre e deixámolo cociñar ata que se reduza. Retiramos do lume e deixamos repousar.
  3. Abrimos e estiramos o follado e axudándonos de dous moldes ou vasos redondos (un máis pequeno que outro) damos forma aos nosos entremeses.
  4. Para iso, colocamos o molde de maior diámetro sobre a masa e cortamos o primeiro círculo. Despois, collemos o molde máis pequeno e voltamos cortar o círculo creado anteriormente. O resultado será unha especie de aro, que colocaremos sobre os extremos do círculo pequeno.
  5. Separamos a xema da clara do ovo e batémolas por separado. Coa clara, pintamos o interior da masa do canapé e coa xema, o exterior.
  6. Cun garfo picamos o centro da masa, para evitar que suba durante o enfornado. Enfornamos a masa a 200º durante 15 minutos. Retiramos e deixamos amornar.
  7. Batemos a Crema de Queixo Barra xunto ao queixo azul ata obter unha pasta homoxénea e introducímola nunha manga pasteleira ou nunha bolsa de conxelación.
  8. Montamos os nosos entremeses, engadindo o queixo na parte interior do follado e colocamos o pemento caramelizado sobre el. A gozar! 

  

3. Bocado de salmón con Crema de Queixo Salmón Afumado

A nosa última e terceira proposta de entremeses para este Nadal xoga coa combinación de salmón e os toques afumados da nosa Crema de Queixo San Simón Afumado. Un entremés delicioso que todos quererán probar. E non só iso, senón que, ademais, é facilísimo de elaborar. Que o goces!
 

Ingredientes: 

  

  1. O primeiro que imos facer é mesturar a Crema de Queixo San Simón Afumado Larsa, a nata, o mel, a folla de estragón, o sal e a pementa nun bol.   
  2. Cortamos o salmón en 8 liscos idénticos.
  3. Tostamos o pan no forno ou nunha torradora.
  4. Estendemos a Crema de Queixo San Simón Afumado e o mel sobre o pan, colocamos o salmón enriba e especiamos cun chisco de pementa negra. Que aproveite!
     

E se tamén queres inspiración para as túas sobremesas do Nadal, non te preocupes. Descobre a nosa proposta aquí! 

 

440