Unha cea de petiscada entre amigos é unha experiencia divertida na que compartir racións e gozar dunha variedade de elaboracións máis numerosa do habitual. Esta é unha opción perfecta para aqueles que desexan pasar tempo de lecer cos seus seres queridos e os seus pratos favoritos. Non sabes como sorprender aos teus invitados? Aquí deixámosche 5 ideas con produtos Larsa que non deixarán a ninguén indiferente!
Queres montar unha cea de petiscada?
O primeiro que destaca dunha cea de petiscada é a variedade de elaboracións. Desde deliciosos queixos e embutidos ata hummus e patés, pasando por vexetais crocantes para untar con salsas. Cada bocado ofrece unha nova sorpresa. Unha das características que diferencia unha cea de petiscada doutro tipo é que a comida non ten por que estar quente ou feita no momento, así as posibilidades dispáranse.
Queixo Fresco con tomate natural
O Queixo Fresco Larsa posúe un sabor suave e fresco, un indispensable para gozar do matiz láctico tan característico deste tipo de queixo e manter a liña ao mesmo tempo. Con todo, unha sinxela combinación de 5 ingredientes pode dar por resultado un saboroso prato para unha cea de petiscada con amigos. Só precisas aceite de oliva, perexil fresco, un tomate natural, alcaparras e, por suposto, o Queixo Fresco Larsa.
Para comezar, curta o tomate en toros de grosor medio e o Queixo Fresco Larsa en láminas similares. Emprata intercalando un toro de tomate cunha lámina de queixo fresco e distribúe unha cullerada de alcaparras por todo o prato. Pica finamente o perexil fresco e mestúrao con aceite de oliva nun morteiro. Esparexe o aceite por toda a elaboración e, a compartir!
Petisco doce con Queixo Galego con D.O. Tetilla
O Queixo Galego con D.O. Tetilla é un ingrediente perfecto para receitas tanto frías como quentes, xa que é un bocado cargado de sabor para tomar só. Este queixo elabórase con leite 100% galego e conserva tanto os recendos como os seus matices tan característicos. Ademais, este queixo combina á perfección cunha ampla variedade de produtos.
O Queixo Galego con D.O. Tetilla Larsa pode ser o elemento central dun petisco doce, para o que precisarás tamén pan de centeo e unha marmelada de froitas, entre as que se recomendan as de pexego ou frambuesa. Para elaboralo, basta con cortar porcións de pan e queixo de tamaño semellante a un bocado. Entre un ingrediente e outro, só deberás aplicar unha capa de marmelada ao gusto.
Ensalada de verán con salsa de Iogur Natural e cítricos
Algúns alimentos poden quedar limitados pola maneira en que habitualmente son consumidos. Con frecuencia pénsase no iogur só como unha sobremesa ou unha merenda, pero tamén é un ingrediente para moitos tipos de preparacións doces e salgadas. O Iogur Natural Larsa elabórase con Leite de Pastoreo e conserva o seu sabor auténtico tras décadas seguindo a receita tradicional. O Iogur Natural Larsa funciona á perfección como aderezo para unha ensalada de verán.
Os ingredientes son fáciles de atopar en calquera supermercado: leituga, tomates tipo cherry, unha nectarina, un limón, unha lima, aceite de oliva, cebola morada, millo doce e froitos secos e o Iogur Natural Larsa. Para montar a ensalada, coloca as follas de leituga limpas nun bol e engade os tomates cortados á metade, a cebola morada en rodelas, a nectarina en finas láminas, un par de culleradas de millo doce e unha presa de froitos secos. Para o aderezo, mestura o Iogur Natural Larsa co seu soro con un pouco de pulpa tanto do limón como da lima e aceite. Vérteo sobre a ensalada e a gozar!
Banderillas con Queixo en taco afumado San Simón
As ceas de petiscada varían moito en forma e contido en función dos seus invitados, pero hai elaboracións que se manteñen en común. O queixo é case obrigatorio nunha cea de petiscada que se prece, por iso contar co Queixo en taco afumado San Simón Larsa é un truco para triunfar. Con todo, non hai por que limitarse a servir queixo a secas. Por exemplo, un clásico das ceas de petiscada son as banderillas, unha elaboración moi versátil.
Para preparar banderillas con Queixo San Simón afumado en taco Larsa terás que contar con outros ingredientes equilibrados, que combinen frescura con sabor. O más axeitado é inserir no escarvadentes da banderilla, por orde, un dado de queixo, unha anchoa en aceite de oliva, un cogombro encurtido de tamaño pequeno e un tomate tipo cherry enteiro ou cortado á metade.
Crudités con Crema de Queixo Barra
Nunha cea de petiscada recoméndase contar cun prato que leve á acción aos comensais, unha clásica elaboración de untar, como o hummus. Nos últimos anos, esta función cúmprena multitude de pratos, por eso a Crema de Queixo Barra Larsa é unha opción válida, lixeira e que satisfai a todo tipo de padais.
Para acompañar a Crema de Queixo Barra só precisarás as denominada crudités, ou sexa; verduras cortadas en bastóns para untar e mollar. As opcións máis clásicas neste aspecto son o cogombro e a cenoria, aínda que tamén poden empregarse diferentes tipos de pemento, en especial aqueles que sexan vermellos, e apio.