Leite Larsa é a primeira marca de Leite de Pastoreo certificada de Galicia. Cando se fala da nosa marca, deseguida relaciónana co Pastoreo, pero… sabes realmente que é o Leite de Pastoreo? En poucas palabras: liberdade, alimentación de calidade, contorna rural e sen estrés.
Que é o Leite de Pastoreo?
O Leite de Pastoreo procede de explotacións gandeiras en réxime de Pastoreo: todas as vacas pastan ao aire libre (un mínimo de horas ao día) en prados con herba suficiente e nunha contorna natural na que poden desenvolver os seus hábitos naturais.
Esta forma de alimentación natural fai que o leite teña un aspecto distinto a primeira ollada, con corpo máis consistente e unha textura máis cremosa.
Beneficios de consumir Leite de Pastoreo
Coidado e felicidade animal
O Pastoreo é máis respectuoso co benestar animal que o sistema intensivo de produción coas vacas estabuladas. Estes son algúns dos motivos:
- Lonxevidade. As vacas que pastan e aliméntanse fundamentalmente de herba fresca gozan dunha alimentación máis nutritiva e equilibrada. Teñen unha boa saúde e, por iso, son máis lonxevas e así o acreditan os nosos gandeiros.
- Adeus ao estrés: As vacas que saen a pastar a diario están máis relaxadas e sofren menos estrés, e iso aumenta a súa calidade de vida. Ás vacas gústalles estar en compañía doutras vacas, e teñen preferencias á hora de relacionarse, son máis “amigas” dunhas que doutras.
- Un paseo para refrescarse. Saír aos pastos é a mellor forma de que se refresquen e, para que unha granxa sexa certificada como Pastoreo, debe garantir que nos pastos as vacas dispoñen de auga en abundancia e procedente de fontes naturais e lugares de sombra nos que gorecerse.
O Leite de Pastoreo procede de vacas que pastan en liberdade, a súa alimentación é fundamentalmente de pasto, ao seu ritmo, con comida e auga suficiente. As vacas desenvólvense así de forma natural, ao aire libre sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan. E por iso son máis felices e o seu leite ten un perfil nutricional enriquecido.
Beneficios para a saúde
O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), dependente da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), constatou que o Pastoreo é respectuoso cos animais e iso repercute directamente na nosa saúde: o leite producido en granxas que realizan pastoreo presenta variacións no seu perfil lipídico, posuindo unha proporción lixeiramente maior de ácidos graxos insaturados, beneficiosos para a saúde humana.
O leite de Pastoreo ten un maior contido de vitaminas y antioxidantes, grazas á alimentación das vacas. Ao inxerir pasto, o leite producido polas vacas ten unha lixeira maior porción de carotenos e de vitaminas liposolubles, como son as vitaminas A e E.
Desde a Escola Politécnica da Universidade de Santiago de Compostela en colaboración co Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (Ligal) conclúen que o Pastoreo contribúe a mellorar a composición do leite de vacún e incrementa os beneficios para a saúde dos seus consumidores.
Sustentabilidade
A estes beneficios para as vacas e para os consumidores dos produtos de Leite Larsa, únense as vantaxes que o Pastoreo ten para o medio ambiente e para a sustentabilidade das ganderías.
O Pastoreo é unha barreira natural fronte aos incendios. Un dos principais riscos ou focos de incendios nos montes débese á acumulación de combustible vexetal polo abandono e a falta de coidado periódico, por iso considérase que o Pastoreo extensivo é un sistema que equilibra a presenza do home e o respecto ao ecosistema.
O Pastoreo é respectuoso cos animais, aos que permite pastar de maneira libre nos prados; respectuoso co gandeiro, ao que facilita manter explotacións máis sostibles; e co medio ambiente, mantendo a biodiversidade e afastando o risco de ameazas ao noso ecosistema.
Calidade certificada
Se de algo presumimos en Larsa é das nosas vacas, da calidade dos nosos produtos e da nosa gandería de Pastoreo certificada. O noso leite está avalado polo selo de Sociedade de Supervisión Xeral (SGS), unha entidade suíza líder na inspección e certificación do cumprimento normativo e de calidade. Procede de explotacións que están inscritas no “Rexistro de Explotacións de Calidade Diferenciada” (RECALDI), para o que teñen que cumprir uns estándares de calidade superiores, é 100% Galego.
Pero esta certificación cara ao noso Pastoreo non é só palabrería, os nosos gandeiros teñen unha gran responsabilidade: require formación en manexo de pastos, ademais de, por suposto, ter unha carta de cualificación sanitaria e un rexistro escrupuloso coas necesidades sanitarias de cada vaca: o Caderno de Pastoreo.
Culto e respecto á tradición galega
O Pastoreo é un modelo natural asentado na tradición de Galicia, que consiste en alimentar ás vacas como se fixo sempre, ao aire libre, nos pastos. O modelo actual foi mellorado grazas á profesionalización dos gandeiros na xestión dos pastos e das explotacións gandeiras.
Hoxe en día, o Pastoreo non é só sacar as vacas ao prado, é unha forma de producir. Unha forma de vida que implica un exhaustivo coidado dos pastos, da saúde das vacas, da calidade do leite e que supón levar un rexistro de actividade diario que reflicta ese coidado.
E esa é a esencia de Leite Larsa: Pastoreo, tradición, calidade e sabor.