Sexas ou non “cocinillas”, hai un truco que sempre converte os pratos máis “normais” en delicias dignas dunha Estrela Michelín… As salsas! Se tes na túa neveira un envase de Nata para Cociñar Larsa, tes un tesouro. Neste post do blog compartiremos as mellores receitas de salsas con nata para que poidas revolucionar os teus pratos.
Por que elixir Nata para Cociñar Larsa?
As nosas Natas Larsa están elaboradas co mellor do noso leite para obter a textura perfecta e necesaria pero con menos materia graxa! É o noso compromiso para que poidas obter un resultado máis lixeiro en todas as túas preparacións. No noso blog podes ler sobre a raíña da cociña e descubrir algunhas receitas nas que aplicar este delicioso produto.
As mellores receitas de salsas con Nata para Cociñar Larsa
Desde a máis típica e coñecida por todos, como é a salsa carbonara, ata a máis atrevida como a salsa de nata, tomate, espinacas e parmesano. Hai unha salsa para cada unha das túas elaboracións. Colle papel e bolígrafo e anota todos os ingredientes e o paso a paso.
Salsa carbonara (versión nata)
Non imos entrar no debate de se a carbonara é só con ovo ou con nata, pero… Se temos un envase de nata para cociñar na neveira usámolo, non? Así é como podes facer a mellor salsa carbonara con Nata Larsa. Toma nota!
Ingredientes:
- 3 ovos.
- 70 gr de queixo parmesano.
- 200 ml de Nata para cociñar Larsa
- 1 cebola mediana.
- Aceite.
- Sal.
- Pementa negra.
Elaboración:
- Pelamos a cebola e cortámola en anacos moi pequenos. Nunha tixola pequena, cun pouco de aceite e sal, e a lume medio-lento, facemos a cebola sen que se doure demasiado, dándolle voltas de cando en vez durante uns 10 minutos ata que estea lixeiramente transparente.
- Cortamos o touciño entrefebrado en tiras finas e nunha tixola facémolo a lume medio, ata que se doure lixeiramente. Reservamos.
- Nun recipiente batemos os ovos, relamos o queixo e engadímolo tamén coa pementa negra moída. E mesturamos ben para que fusione todo.
- Botamos a nata no cazo coa cebola e removemos ben. Baixamos o lume ao mínimo deixando que se quente todo xunto durante un par de minutos.
- Na tixola onde temos a cebola, o touciño entrefebrado e a nata, xuntamos os ingredientes que tiñamos mesturados no recipiente: os ovos, o queixo e a pementa.
- Deixamos que todo repouse a lume medio uns minutos. E listo para gozar!
Salsa de nata, mel e mostaza
Carne, peixe, pasta… Esta salsa serve para todo! Aínda que xa sabes, Larseiro, para gustos… Pero se che gusta o sabor da mostaza, apunta este paso a paso. Saboroso!
Ingredientes:
- 250 ml de Nata para cociñar Larsa
- 2 culleradas sopeiras de mostaza
- 2 culleradas sopeiras de mel
- Queixo parmesano
- Noz moscada
- Pementa negra
- Perexil
- Sal
Elaboración:
- Nun cazo pequeno o primeiro que faremos será mesturar a nata líquida e un pouco de noz moscada e pementa negra. A lume lento removemos lentamente cunha culler de madeira.
- Unha vez a nata colla algo de temperatura, engadimos as dúas culleradas sopeiras de mostaza e seguimos removendo.
- Mentres tanto, nun vaso de cristal botamos as dúas culleradas sopeiras de mel para quentar previamente no microondas. Bastará con medio minuto para que o mel estea líquido e sexa máis fácil mesturalo.
- Engadimos o mel quente no cazo e seguimos movendo.
- Por último, cando a salsa xa quentase o suficiente, engadimos o queixo parmesano (ao gusto), o perexil e o chisco de sal.
- Retiramos e a xantar 😉
Salsa de nata, tomate, espinacas e parmesano
Esta salsa encántanos para mesturar con peixe. O toque do tomate co queixo potencia o seu sabor e convértese nunha delicia. Próbao! A elaboración é moi sinxela e, en cuestión de minutos, terás un prato delicioso.
Ingredientes:
- 250 g tomates cereixa partidos pola metade.
- 2 allos picados.
- 400 g espinacas frescas.
- 200 g parmesano relado.
- 250 g Nata para cociñar Larsa.
- Perexil.
- Sal.
- Pementa.
- Aceite.
Elaboración:
- Nunha tixola facemos as espinacas co allo e tomate ata que reduzan o seu tamaño e o allo estea dourado.
- Engadimos a nata e o perexil picado e removemos suavemente.
- Para espesar a salsa engadimos o parmesano ao gusto e, a lume lento, seguimos removendo uns 5 minutos.
- Antes de retirar do lume, botamos sal e pementa ao gusto. E listo! Así de sinxelo.
Salsa de nata e cebola “caramelizada”
Non te fas unha idea do sabor que lle dá a cebola “caramelizada”… Arriscámonos a dicir que é o ingrediente perfecto para as túas salsas! Sen esquecerse da Nata Larsa, claro 😉
Ingredientes:
- 1 cebola.
- 250 ml Nata para cociñar Larsa.
- Sal.
- Pementa.
- 2-3 culleradas de azucre branco.
- 1/2 vaso de viño branco.
- Aceite.
Elaboración:
- Picamos a cebola e sofritímola na tixola cun pouco de aceite a lume medio.
- Engadimos o azucre e mesturámolo ben coa cebola.
- Engadimos o viño e deixamos que evapore.
- Engadimos a nata, salpimentamos… E a xantar!
Salsa de nata e gorgonzola
Non o podemos negar, apaixónanos o queixo! E deixámolo claro nesta última receita para converter os teus pratos en “platazos” grazas á nosa Nata para cociñar Larsa.
Ingredientes:
- 200 ml Nata para cociñar Larsa.
- 100 g queixo gorgonzola.
- 3 liscos gordos de touciño entrefebrado.
- Allo en po.
- Cebola en po.
- Pementa negra moída.
- Noces (opcional)
Elaboración:
- Partimos o touciño entrefebrado e ímolo facendo nunha tixola a lume lento para que se abrande. Engadímoslle allo, cebola e pementa negra e mesturamos.
- Cando o touciño entrefebrado estea brando engadimos a nata e o queixo gorgonzola.
- Mesturamos e removemos aos poucos para que se desfaga o queixo.
- Deixámolo repousar a lume lento uns minutos para que colla consistencia e retiramos do lume.
- Podes partir unhas noces e mesturalas coa salsa, deixámolo ao teu gusto.
Ponte ao choio con algunha destas salsas! Estamos convencidos de que o sabor dos teus pratos serán inesquecibles para os teus invitados 😉