Os últimos estudos levados a cabo pola Fundación Española da Nutrición (FEN) e a Fundación Iberoamericana de Nutrición (FINUT) concluíron que existe un déficit notable nos niveis de vitamina D, vitamina E e calcio durante a infancia. É dicir, un gran número de nenos e nenas españois non se está alimentando correctamente.
Unha das razóns ás que se achacou este déficit infantil é á diminución do consumo de produtos lácteos durante a última década, prexudicando a un dos grupos máis vulnerables: os pequenos da casa.
Se cres que os teus peques poden presentar este déficit, non te preocupes. Descobre a solución da man de Larsa!
Os lácteos, capaces de resolver o problema
Por se non o sabías, os lácteos pertencen a un grupo de alimentos moi completo e equilibrado. O seu consumo é capaz de prover ao organismo un elevado contido de nutrientes, especialmente de calcio, de vitamina E e de vitamina D.
A inxesta destes micronutrientes na etapa infantil garante un correcto desenvolvemento do organismo, previndo problemas óseos e futuras enfermidades crónicas.
Algúns micronutrientes –como a vitamina D e a vitamina E- son difíciles de atopar nos alimentos, xa que a súa absorción depende en gran parte da exposición solar. Con todo, temos unha boísima nova: os lácteos son capaces de suministrar estes micronutrientes, achegando un 1,5% da cantidade diaria recomendada.
Ademais, outro dos beneficios dos lácteos é que presentan unha composición moi equilibrada, proporcionándolle ao organismo proteínas de alto valor biolóxico, hidratos de carbono, vitaminas e minerais. E non só iso, senón que son fonte importantísima de minerais como o magnesio e o fósforo, capaces de mellorar as funcións corporais do tecido óseo e a presión arterial.
Cal é a cantidade recomendada?
A inxesta recomendada de vitamina D, de vitamina E e de calcio durante a infancia son de 5 mg/día, 7 mg/día e 800 mg/día, respectivamente.
Para poder chegar aos requirimentos diarios, os lácteos poden ser os grandes aliados entre os máis pequenos da casa. Se lles dás de beber dous vasos de leite ao día, estarás a cubrir un 75% da inxesta recomendada destes micronutrientes.
As guías nutricionais nacionais e internacionais, no marco dunha dieta variada e equilibrada, recomendan un consumo de 2 a 3 racións* diarias de leite ou derivados lácteos.
*Unha ración de leite equivale a un vaso de leite (250ml), 2 iogures, 40 g de queixo magro ou 80g de queixo fresco.
A ter en conta
Unha das cousas que debemos ter presente é que os hábitos -en calquera área e especialmente na alimentación- que se establecen durante a infancia, poden persistir ao longo da vida. Por este motivo, incentivar e promover o consumo de lácteos é indicador dunha alimentación de calidade.
E é que proporcionar a cantidade recomendada de lácteos durante a infancia, non só permitirá evitar o déficit nutricional, senón que garantirá o bo desenvolvemento dos máis pequenos.
En Larsa atoparás produtos lácteos elaborados con Leite de Pastoreo 100% Galego. Alimentos cos que os teus fillos absorberán, dunha forma rápida e deliciosa, os nutrientes que precisan. Dende Leite Larsa a Iogures Larsa, pasando pola nosa marabillosa Queixería. Bota un ollo aos nosos produtos, alimentos que teñen a súa orixe nos pastos galegos e que garanten a máxima calidade. Goza do seu sabor a Leite de toda a vida!