Dieta Mediterránea: lácteos e beneficios

Se falamos da Dieta Mediterránea, probablemente penses nun tipo de alimentación saudable, rica en aceite de oliva, verduras e peixe. A que si? 

En Galicia, a pesar de ser Atlánticos e quedarnos o Mediterráneo un pouco lonxe, alimentámonos segundo os patróns da Dieta Mediterránea: alto consumo de produtos vexetais, lácteos, pan, cereais, aceite de oliva e vinagre. 

Por se hai algún Larseiro despistado, os lácteos son unha parte fundamental e importantísima da Dieta Mediterránea. Así que, como seguimos este tipo de dieta e alimentámonos diariamente de lácteos, é importante que coñezas os seus beneficios. Sigue lendo para coñecelos en detalle! 


Beneficios da Dieta Mediterránea

A Dieta Mediterránea, como ben saberás, é recoñecida por ser unha das dietas máis saudables do mundo. Unha dieta onde non só importa o que se consome, senón que implica a forma na que os alimentos se seleccionan, producen, procesan e distribúen nunha liña de sustentabilidade. 

Coñeces algúns dos seus beneficios? Entre eles podemos destacar o alto contido en vitaminas, minerais, ácidos graxos insaturados, fibra e polifenoles, tendo en conta a distribución correcta da enerxía ao longo do día. A inxesta destes nutrientes ten unha implicación directa no organismo: maior adecuación de nutrientes, prevención no desenvolvemento de enfermidades crónicas e unha mellor calidade de vida.

Lácteos e Dieta Mediterránea

Lembras a pirámide da Dieta Mediterránea? Dentro dela, os alimentos ocupan un lugar en función da frecuencia na que debemos consumilos. 

A inxesta de lácteos, por exemplo, está recomendada a diario, cun número de racións adaptada ás necesidades de cada idade e os distintos estados fisiolóxicos ao longo da vida.


Beneficios dos lácteos

Os produtos lácteos son un grupo de alimentos cunha alta densidade nutricional. Este tipo de alimentos achegan unha gama de nutrientes esenciais para o noso organismo, entre eles atopamos as proteínas de alto valor biolóxico e biodispoñibilidade, as graxas, os hidratos de carbono, os compoñentes bioactivos, as  vitaminas A e D, e minerais como o calcio, o magnesio, o fósforo e o zinc.

Proteínas  

As proteínas son importantes macronutrientes que realizan un papel fundamental na construción dos músculos e tecidos da pel, órganos e articulacións. Ademais, son as responsables da saúde ósea, así como a síntese e a absorción doutros compoñentes imprescindibles para o correcto funcionamento do noso organismo. 

O leite de vaca contén 3/3,5 gramos de proteínas -por cada 100 ml- en función do tipo de leite (enteiro, semidesnatado, desnatado).


Graxas

O consumo de graxas é tan importante na alimentación como o son as proteínas, carbohidratos e o resto de nutrientes.

As graxas e os ácidos graxos dos produtos lácteos son compoñentes fundamentais para a formación de membranas celulares, a boa función do sistema nervioso e a absorción de vitaminas liposolubles (A, D, E e K), sempre que se consuman de forma moderada. 

Lactosa 

A lactosa é un azucre natural presente no leite. Entre as súas funcións, ademais de proporcionar enerxía ao noso organismo, axuda á absorción do calcio, sendo o seu contido unha porcentaxe máis elevada no leite, en comparación con outro tipo de alimentos que non conteñen lactosa na súa composición.

 

Vitaminas e Minerais

As vitaminas e os minerais do leite son elementos que desenvolven un rol importante en reaccións de transporte, metabólicas e estruturais. Ademais, tamén participan na composición doutras células necesarias para a nosa supervivencia e benestar.

 

Cantos lácteos debemos consumir?


Unha inxesta adecuada de lácteos proporciónanos nutrientes esenciais para o bo funcionamento e o benestar do noso organismo. No marco dunha alimentación variada e equilibrada, a cantidade recomendada de lácteos varía dependendo da idade, o sexo e a situación fisiolóxica. 

En nenos recoméndanse 3 racións ao día; en adolescentes aconséllanse 4 e, en adultos, de 2 a 3 racións diarias. Para mulleres embarazadas e xestantes, a inxesta recomendada ascende a entre 3 e 4 racións diarias.

Como diciamos ao principio, a Dieta Mediterránea inclúe a inxesta diaria de lácteos. Un consumo que varía en función da idade e a etapa da vida. 

En Larsa, ademais de gozar dos beneficios e vantaxes dos lácteos, estarás a consumir leite, queixos, iogures e outros lácteos elaborados con Leite de Pastoreo co sabor e a textura a leite de toda a vida. Produtos 100% de Pastoreo elaborados cos máximos estándares de calidade, que garanten a saúde dos nosos Larseiros e o benestar das nosas vacas. 

Ademais, o leite de Pastoreo presenta un perfil nutricional equilibrado cunha proporción lixeiramente maior de ácidos graxos insaturados, vitaminas, antioxidantes e carotenos. Unha conclusión que coñecemos grazas a un recente estudo sobre ‘O Leite de Pastoreo en Galicia’ elaborado en conxunto coa Xunta de Galicia e O Laboratorio Interprofesional Gallego de Análise de Leite (LIGAL).

Goza dos lácteos e da Dieta Mediterránea no teu día a día e dos seus enormes beneficios! 

532