Iogur Larseiriños

Levar uns hábitos saudables e, sobre todo, manter unha alimentación correcta é moi importante en todas as etapas da vida, pero máis aínda na nenez, xa que todos aqueles hábitos conseguidos nesta etapa perdurarán con máis facilidade co paso do tempo. Ademais, desta maneira, tamén se desenvolverá un crecemento correcto e san. 

Un grupo de alimentos que debería de ter un peso importante na alimentación infantil son os lácteos debido ás súas interesantes propiedades. Neste post faremos un maior fincapé no iogur, xa que é un alimento que presenta unha boa densidade nutricional e está recoñecido como marcador de calidade na alimentación. 

Beneficios nutricionais do iogur 

O iogur é un derivado lácteo elaborado a partir de leite e fermentos lácteos. Estes fermentos adoitan ser dúas bacterias, concretamente o Lactobacillus bulgaricus e o Streptococcus thermophilus. Ambas permanecen con vida no produto final facendo do iogur un alimento probiótico e, por tanto, máis interesante aínda.  

Estas bacterias son saudables e colonizan o tracto intestinal formando parte da microbiota intestinal. 

Ademais, o iogur contén proteínas de alto valor biolóxico procedentes do leite, é dicir, achega todos os aminoácidos esenciais en cantidades significativas. O calcio, mineral por excelencia do leite, atópase en grandes cantidades tamén no iogur. Ambos os nutrientes son moi importantes para desenvolver unha forte e saudable masa ósea.  

Iogur Larseiriños, que ten de especial? 

En Larsa, o noso iogur Larseiriños Amorodo e Plátano, ademais de conter todo o beneficio que achega un iogur, inclúe un extra de vitaminas e minerais. 

É un iogur máis completo, xa que presenta, entre os seus ingredientes, ácidos graxos Omega 3. Este tipo de ácidos graxos son esenciais, o que quere dicir que o noso corpo non é capaz de sintetizalos e son nutrientes moi importantes para o organismo xa que, entre outras funcións, participan na resposta antiinflamatoria do noso organismo. 

O Iogur Larseiriños tamén está reforzado con ferro, un mineral moi importante, entre outros minerai e vitaminas, no transporte do osíxeno no sangue.

1533