Iogures con bífidus: que son os bífidus e para que serven

Estamos tan afeitos a escoitar mil e unha características e ingredientes dos iogures que en ocasións non sabemos nin para que serven, verdade? Uns destes produtos son os iogures  bífidus. En Larsa elaboramos Iogures Bífidus con Leite de Pastoreo de gran calidade, pensados para coidar dos nosos larseiros. Coñécelos todos?

 

Co ritmo de vida que levamos, ás veces é realmente complicado seguir unha alimentación sa e uns bos hábitos de vida. Por iso debemos recorrer a alimentos que nos axuden a manter a saúde do que non se ve, pero se nota. O bífidus axúdanos a coidarnos por dentro e a manter equilibrada a nosa microbiota intestinal, tan importante para a saúde intestinal e a resposta do sistema inmune.

Toda a gama de Iogures Bífidus Larsa contén bífidus activo que achegarán ese equilibrio que estamos a buscar. Consumindo a diario Iogures Bífidus Larsa estaremos a axudar ao coidado da nosa saúde dixestiva e combatendo bacterias que poden resultar nocivas para a nosa saúde, sempre sen renunciar ao sabor dun iogur Larsa.

Queres coñecer todos os detalles acerca dos iogures bífidus e os seus beneficios? O  bífidus é bo? Que é realmente?

Que son os bífidus?

Falar de bífidus é falar de “bifidobacterias”, é dicir, diferentes especies de Bifidobacterium. Estas bacterias son coñecidas como “bífidus activo”. Trátase dun tipo de bacterias beneficiosas para a saúde. Son anaeróbicas e gram-positivas.

A explicación de bifidobacterias estivo ben, pero quizais é un pouco técnica de máis, non si? Na práctica, o bífidus é a maneira coloquial de referirse a este tipo de bacterias con grandes beneficios para a nosa saúde, xa que axudan á dixestión.

As bacterias atópanse de maneira natural no noso intestino e forman parte da nosa  microbiota, comunmente coñecida como flora intestinal. Estas bacterias están no noso organismo desde o nacemento. Unha alimentación pouco saudable, o estrés, o paso dos anos e a inxesta de determinados fármacos vana debilitando, e máis co paso dos anos. Por este motivo, incluír produtos como iogures con bífidus a diario na nosa alimentación faranos beneficiarnos dunha chea de propiedades probióticas que melloran as funcións do noso organismo.

Serven para algo os iogures bífidus?

E tanto! Para nós o primeiro son os nosos  larseiros e nunca elaborariamos iogures se non coidasen a súa saúde. Consumir iogures con bífidus activo ten importantes beneficios para o organismo. Ademais, a microbiota intestinal debe coidarse día a día cunha alimentación sa e alimentos que nos axuden a manter ese benestar dixestivo. E é que como Santa Bárbara cando trona, ás veces tendemos a consumir este tipo de alimentos cando temos algún malestar, cando en realidade, son ideais para coidarnos día a día.

Existen estudos que proban que algunhas cepas de bifidobacterias teñen o poder de fermentar a lactosa e reducir os efectos de intolerancia á  lactosa en persoas cun grao leve de intolerancia. As mellores opcións para as persoas con esta intolerancia leve á lactosa? O Iogur Bífidus Natural Desnatado, cunha baixa concentración de lactosa.

Diferenzas entre iogur normal e con bífidus

A principal diferenza entre un iogur tradicional e un con bífidus é que o bífidus, ademais de conter bacterias lácticas (Lactobacillus), conta cunha achega extra de bifidobacterias. A combinación de ambas fai que os iogures con bífidus sexan un imprescindible en calquera alimentación sa e equilibrada.

Iogures Bífidus con Leite de Pastoreo

Do mesmo xeito que todos os iogures de Larsa, a nosa gama de Iogures Bífidus está elaborada con Leite de Pastoreo. Un leite 100% galego de enorme calidade que avala a  Larsa como a primeira marca galega de Leite de Pastoreo certificada por SGS. Porque levamos moitos anos elaborando os mellores iogures para ti, e non iamos deixar de facelo agora! Para que goces de todo o sabor que caracteriza aos iogures Larsa con Leite de Pastoreo.

Con que acompañar os iogures bífidus

Os Iogures Bífidus Larsa son como os nosos larseiros, perfectos tal e como son, pero como sabedes, en Larsa sempre nos gusta innovar, así que preparamos unha serie de combinacións para que gocedes dos nosos iogures dunha maneira diferente. Con froitos secos, cereais, froita fresca… Cal é a túa opción favorita?

Despexamos todas as túas dúbidas acerca dos iogures bífidus? Comeza a gozar agora dos seus beneficios e descobre os teus sabores favoritos ou combínaos segundo o día da semana. Comézaa co clásico Iogur Bífidus Natural, síguea co Iogur Bífidus con Abelás para aproveitar todos os beneficios dos froitos secos e remátaa co mítico Iogur Bífidus sabor Vainilla ou o Iogur Bífidus Natural Desnatado con só 39 kcal por cada 100 gramos. Proba a combinalos coma ti queiras! Lembra o que di o dito: Na variedade está o gusto.

1489