Lanzamos 4 novos Iogures Larsa

Din que non hai dous sen tres, pero como sabes, en Larsa sempre imos máis aló. Por iso para nós non hai tres sen catro: lanzamos 4 novos iogures!  

4 novos iogures, moi diferentes entre si, que veñen facer felices a todo tipo de Larseiros. Dende os máis peques, os nosos Larseiriños, ata aos intolerantes á lactosa, sen esquecer claro, aos fans absolutos dos Cremosísimos ou aos que piden constantemente novos sabores. En Larsa volvémolo facer! 😉  

Se queres coñecer en detalle os novos Iogures Larsa, queda a descubrilos. Contámosche todos os seus segredos neste post! 

1. Iogur Larseiriños Amorodo e Plátano

En Larsa levamos alimentando a peques e adultos durante xeracións, dando o mellor do mellor a través do noso Leite de Pastoreo 100% Galego. E como sabemos que a alimentación infantil é mooooi importante, lanzamos o noso novo #IogurLarseiriños.  

Un produto saudable e nutritivo para os máis pequenos da casa. As merendas Larseiriñas serán moooooito máis completas co noso novo iogur. Un produto con sabor a amorodo e plátano, sen azucres engadidos e sen anacos de froita, que contén ata 12 vitaminas e minerais. Por non falar da súa achega de Omega-3, ferro, probióticos… 😉  

E para axudarche a darlles o mellor aos teus fillos…Descarga gratis a guía de 5 receitas saudables e sinxelas co novo Iogur Larseiriños. Os teus peques agradecerancho!
 

2. Iogur Cremosísimo Stracciatella  

Non podemos ver o futuro, pero cremos que o Iogur Cremosísimo Stracciatella conta con todas as papeletas para converterse nun dos teus novos iogures favoritos. Na súa elaboración unimos o Leite de Pastoreo 100% galego e as labras de chocolate. O resultado? Un produto cunha suavidade extraordinaria e unha lixeireza sen igual. E é que con cada bocado sentirás como se mestura a cremosidade do iogur coa textura crocante das labras de chocolate. Xa se che está facendo a boca auga, eh?  

Dende hoxe, o noso Iogur Cremosísimo Stracciatella xa está dispoñible nos supermercados. Así que próbao e xúlgao ti mesmo. Prometemos que non che defraudará! 
 

3. Iogur sen Lactosa Sabor Limón  

Imaxina o sabor refrescante do limón nun produto sen Lactosa. Así é o noso novo Iogur sen Lactosa Sabor Limón! Un Iogur refrescante e delicioso elaborado con Leite de Pastoreo 100% Galego que se caracteriza pola súa textura cremosa e sabor cítrico. E é que, se estás a buscar produtos sen lactosa e es amante das sobremesas con sabor a limón, este Iogur sen Lactosa é perfecto para ti.  

Tómao como sobremesa ou emprégao como ingrediente nas túas receitas e experimenta a sensación de frescor no teu padal! 

4. Iogur Sabor Macedonia  

O último dos nosos lanzamentos é o Iogur Sabor Macedonia, un produto que elaboramos con Leite de Pastoreo 100% galego. O resultado é un iogur con sabor as túas froitas favoritas nun único vasiño de iogur, alegrando os almorzos, merendas e sobremesas dos fans incondicionais dos Iogures de sabores Larsa. Entre as súas características destaca a súa textura cremosa e o seu resaibo froiteiro, que converterán esta novidade Larseira no teu Iogur Sabor Macedonia favorito.  

Goza da cremosidade do Leite de Pastoreo e o sabor a froita con este novo Iogur Larsa. Será amor a primeira cullerada!  

 Os nosos Larseiros merécense o mellor. Por iso en Larsa estamos constantemente procurando maneiras de innovar e mellorar os nosos produtos. Dende hoxe, o Iogur Larseiriños, o Iogur Cremosísimo Stracciatella, o Iogur sen Lactosa Sabor Limón e o Iogur Sabor Macedonia únense a nosa familia de iogures, ampliando a nosa variedade de sabores e, por suposto, dándolles un espazo mooooi especial aos nosos Larseiriños, creando un produto moi nutritivo especialmente para eles. Porque #AquíFacémoloAsí! 😉 

673