Larsa estrea novo tapón e envase de leite cero emisións

En Larsa reforzamos o noso compromiso co medio ambiente e damos un paso máis aló na protección das Paisaxes de Pastoreo onde as nosas vacas pastan libremente. Por iso, a partir do 16 de outubro, os nosos cartóns de leite contarán cun novo tipo de tapón que se manterá unido ao envase.  

O motivo deste cambio é unha mellora en beneficio de todos e do planeta. Os tapóns son un tipo de residuo que pode chegar facilmente á natureza e contribuír á contaminación de todo tipo de espazos naturais, especialmente nos ríos e o océano, polo seu reducido tamaño e peso. Para limitar as posibilidades de que isto ocorra, un xesto tan sinxelo como unir o tapón ao cartón pode supoñer unha gran diferenza para que o proceso de reciclaxe do envase sexa completo.  

Existe un risco específico cando os tapóns sepáranse dos envases e é a maior probabilidade de que se descompoñan en microplásticos. Á súa vez, este tipo de contaminación podería chegar de novo ao ser humano tras pasar polo medio acuático.  

Como é o novo tapón nos envases de Leite Larsa?  

Para mellorar a reciclabilidade dos nosos envases, o novo tapón dos cartóns de Leite Larsa mantén a súa orixe vexetal porque se elabora a partir de cana de azucre. Así, tamén contribuímos a diminuír o noso impacto no medio ambiente e a reducir as emisións dze CO2 á atmosfera en comparación cos plásticos de orixe fósil.  

Do mesmo xeito que ocorría ata o de agora, poderás identificar facilmente o teu tipo de Leite Larsa favorito tamén a través do tapón, que será o de cada tipo de leite: azul para Enteiro, verde para Semidesnatado e vermello para Desnatado. No caso do Leite sen Lactosa Larsa, os tapóns serán igualmente vermellos ou verdes, en función de se é Leite sen Lactosa semidesnatado ou Leite sen Lactosa desnatado, respectivamente.  

Ademais, todos os envases de Larsa son cero emisións netas, é dicir, neutros en emisións de carbono, avalado co certificado AENOR. En conxunto, os cartóns de Leite Larsa e o novo tapón son un claro exemplo da importancia que o coidado polo medio ambiente representa para nós.  

Más beneficios do novo tapón de Leite Larsa 

A redución de plásticos no medio ambiente e da contaminación son os motivos polos que o novo tipo de tapón dos envases de Leite Larsa permanecen unidos. Con todo, hai outros beneficios colaterais que tamén deben terse en conta.  

Os tapóns unidos ao envase reducen o risco de que estes se utilicen de maneira inapropiada, por exemplo, se son manipulados por nenos pequenos. Con este tipo de tapón o risco de atragoarse pasa a ser mínimo 

Doutra banda, ao conectar cartón e tapón, é menos probable que o Leite Larsa poida estragarse durante o transporte, a venda ou o almacenamento por un dano no peche ou unha mala manipulación do tapón. Grazas a isto, redúcense riscos sanitarios derivados dunha mala conservación.

1300