Algunha vez preguntácheste que significa ese pequeno cadrado azul que aparece en cada brik de Leite Larsa co texto Galega 100%? É un certificado que recoñece o noso compromiso cos nosos gandeiros e garante a rastrexabilidade do noso leite desde o campo ata a mesa da túa casa. O selo Galega 100% outórgase ás marcas que cumpren con elevados estándares de calidade, superiores aos da Unión Europea, e comercializan unicamente leite de orixe galega.
Que é o selo Galega 100%?
En 2011, a Xunta de Galicia decidiu crear un distintivo para o leite de orixe galega e diferencialo pola súa calidade. Este selo denominouse Galega 100% e Larsa conseguiu a certificación en menos dun ano. Un dos obxectivos cos que naceu esta iniciativa foi garantir a rastrexabilidade do leite desde a súa orixe, a gandaría galega, ata o consumidor.
O Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (LIGAL) é a única entidade certificadora e a día de hoxe xa son máis de 4.500 as ganderías galegas que cumpren cos requisitos de calidade excepcionais para obter a distinción. Estes criterios son superiores á normativa europea, a lexislación máis esixente a nivel internacional. Que supón iso? Que produtos como o Leite Larsa, co selo Galega 100%, superaron os máximos exames e esixencias.
Algúns dos requisitos para lograr o selo Galega 100%
- Estar en posesión da carta verde en vixencia, é dicir, non retirada por tuberculose (TR) ou brucelose (BR).
- Contar cun historial de cumprimento acreditado dos estándares de calidade no leite.
- Non ser sancionado por incumprir en cuestións de sanidade, seguridade alimentaria ou benestar animal nos últimos seis meses.
- Manter calidade hixiénica e sanitaria segundo os parámetros fixados para a obtención do selo Galega 100%.
Por que é importante diferenciar o leite de orixe galega?
O sector lácteo é fundamental para Galicia e todos os seus traballadores, desde os empregados ou propietarios de ganderías ata as marcas de leite que a distribúen. A comunidade autónoma galega concentra preto do 40% da produción de leite en España e máis do 50% das explotacións atópanse aquí. De feito, Galicia é a oitava rexión da Unión Europea que máis leite produce.
Por tanto, por que non diferenciar unha materia prima de alta calidade e poñer en valor o esforzo de miles de persoas? O selo Galega 100% permite ao consumidor recoñecer rapidamente a orixe dun lácteo e as excepcionais características que presenta.
Exemplos de produtos Larsa que contan co selo Galega 100%
Dentro do catálogo de produtos Larsa, podes atopar o distintivo Galega 100% en moitos produtos, como o Leite Larsa e os Iogures Larsa. Por exemplo, o Leite Tradicional de Pastoreo enteiro, semidesnatado e desnatado e os Iogures tradicionais, con Froitas, desnatados, bífidus, Cremosísimos e Sobremesas están recoñecidos pola súa alta calidade ao lucir este selo. Pero, por que?
Todo iso é grazas á materia prima que empregamos en Larsa, que provén de vacas de ganderías de tamaño medio distribuidas por Galicia, de vacas que pacen en pastos galegos, ao aire libre.