Os trevos e outras homenaxes que lles gusta darse ás vacas

Os trevos, homenaxe para as vacas

Pastar ou non pastar… É a cuestión para ser ou non ser Leite de Pastoreo. Iso dicimos nas nosas campañas porque o Pastoreo, que as nosas vacas saian aos pastos cada día, é a nosa razón de ser e o que define o sabor diferencial do Pastoreo de Galicia de Larsa. Pero que é o que comen as vacas cando pastan? Que hai nas zonas de pasto? 

Acertaches! Hai herba. As vacas son quen de comer ata 30 quilos de pasto por día. Pero tamén outro tipo de plantas e flores. As vacas saben ben que é o que máis lles convén e tamén se dan homenaxes!

Entre as súas especies de plantas favoritas están a herba fresca, e desta, os brotes máis tenros; o dente de león, as margaridas ou os trevos. Si, si, os trevos. Porque non só son o símbolo de Irlanda e sinal, segundo a tradición, de boa sorte, senón que son coma os legumes para nós, beneficiosos para a súa saúde e para a nosa, porque o leite de vacas alimentadas con trevo violeta contén máis Omega 3. 

Leite mellor e máis saudable

Iso sostén un estudo realizado polo Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (A Coruña), que engade que introducir o trevo na alimentación do gando permite obter leite de máis calidade e máis saudable.

Ti seguro que xa o sabes: O que comemos é importante pero o como tamén. Pois ás vacas pásalles parecido. Do mesmo xeito que lles gusta a herba fresca, tamén adoitan comer nas horas máis frescas, cando chegan ao pasto. Ao mediodía, seguramente as vexas pastando en zonas de sombra, nas que o sol non comezou a quentar. E é que ao final parécense a nós moito máis do que pensabamos. Ou é que comemos as ensaladas quentes? 

Unha zona de pasto extensa, con sombra e auga suficientes

Como xa che contamos, para que un leite sexa certificado como de Pastoreo, coma o de Larsa, as vacas deben ter libre acceso aos pastos onde a herba teña unha altura media de 5 centímetros. Pero tamén deben poder beber auga e contar con zonas de sombra para que poidan non só comer senón descansar, protexerse da calor e interactuar entre elas. As vacas son animais gregarios e… Teñen os seus códigos, rutinas e xerarquías!

É importante que poidan campar ás súas anchas. De feito, para ser de Pastoreo Certificado coma as de Leite Larsa, as vacas deben dispoñer dun espazo que permita unha concentración máxima de 2,5 vacas por cada hectárea de pasto, o equivalente á superficie dun campo de fútbol profesional! As vacas, xa cho dixemos, son animais gregarios aos que lles gusta xuntarse en grupos, por exemplo, para comer. Por iso é probable que aínda que teñan espazo, as vexas máis xuntiñas cando descanses a vista nun prado. 

E cales son as malas herbas?

Velo? Ser gandeiro de Pastoreo esixe un enorme coñecemento non só de comportamento animal para cubrir as necesidades das vacas senón de botánica. Porque os trevos son moi beneficiosos, pero hai outras plantas, algunhas delas silvestres, que é mellor evitar porque son prexudiciais e poden resultar mesmo tóxicas.

Por exemplo, as vacas non comen cebolas, allos ou allos porros nin tampouco algunhas outras plantas que poden atoparse de camiño aos pastos, como as adelfas, os fentos ou as landras que tanto gustan aos porcos. Porque as vacas tamén escollen o que máis lles gusta e saben o que lles senta ben e o que non.

Aí o tes. Un gandeiro de Pastoreo Certificado ten que acreditar coñecementos en xestión de pastos para asegurar que as súas vacas van ter non só espazo senón herba da máxima calidade,  fresquiña, sen pisar, e outras variedades de plantas para que poidan darse as súas homenaxes

842