Novas Cremas de Queixo Larsa: San Simón Afumado e Queixo Barra Larsa

En Larsa abrímonos ao novo sen renunciar ao de sempre. Desta maneira, creamos novos sabores e produtos, respectando a receita tradicional elaborada con Leite de Pastoreo 100% Galego.

Sabiamos que dous dos nosos queixos máis emblemáticos tiñan un gran potencial. Por iso, decidimos darlles unha nova forma, preservando o seu delicioso sabor.

Si! Estamos a falar da nova Crema de Queixo San Simón Afumado e Crema de Queixo Barra Larsa. Dúas Cremas de Queixo cun sabor e textura que serán as grandes protagonistas das merendas e ceas máis Larseiras.

Queres saber por que non te poderás resistir á tentación? Segue lendo para coñecer en detalle as novas Cremas de Queixo Larsa!

Crema de Queso Barra Larsa

O Queixo Barra de Larsa é o queixo ao corte máis solicitado nas chacinerías. Pedídelo tanto, que o reiventamos en forma de Crema de Queixo. Cremos que esta nova versión vaivos encantar! 

A Crema de Queixo Barra Larsa elaborámola con Leite de Pastoreo 100% Galego, respectando todo o sabor do Queixo Barra, O resultado? Un untable cunha textura moooooi  cremosa e un sabor delicioso.

Ademais, se es dos Larseiros que funde o Queixo Barra, podes seguir facéndoo, pero a nosa Crema de Queixo vaicho poñer un pouquiño máis sinxelo. 😉

Versatilidade por bandeira

A nova Crema de Queixo coróase como a raía, moi fácil de untar. Por se iso fose pouco, a nova Crema de Queixo Barra Larsa é un produto tan versátil que pode chegar a converterse no ingrediente estrela da elaboración de salsas. 

Sexa como sexa, creemos que se converterá nun básico das cociñas Larseiras. Úntaa, móllaa en pan ou cocíñaa e goza da primeira Crema de Queixo de Pastoreo!

Crema de Queixo San Simón Afumado

A nosa nova Crema de Queixo San Simón Afumado promete, verdade?

Unha crema de queixo elaborada con Leite 100% Galego, 100% de Pastoreo. A primeira do mercado, xunto coa Crema de Queixo Barra! 

En canto a probes, non poderás parar. Un untable mooooi cremoso cun delicioso sabor. E é que a nova crema respecta a receita do Queixo San Simón Afumado, un queixo que se madura e afuma con madeira de bidueiro. Xa podes sentir os seus matices?

125 gramos de intenso sabor

A nova crema de queixo está chea de sabor. Un produto cunha textura tan cremosa que en canto a probes, estamos seguros de que che encantará. 

Como petisco, untada en pan ou como ingrediente nas túas tostas favoritas, a nova Crema de Queixo San Simón Afumado gañarase un oco na túa cociña. Mesmo, pode converterse nun ingrediente imprescindible na elaboración dalgunha salsa de queixo. Imaxínaa con pasta e champiñóns. Mmm!

As novas Cremas de Queixo Larsa son unha aposta pola innovación. E é que se trata das dúas primeiras Cremas de Queixo de Pastoreo do mercado. Dous novos produtos que dende hoxe se incorporan á Quesería Larsa. Creemos que se convetirán en dúas cremas moi queridas polos nosos Larseiros!

Cremosidade, textura, sabor e Leite de Pastoreo 100% Galego. Catro palabras que definen á perfección as nosas Cremas de Queixo Larsa. Dous untables mooooi versátiles que destacarán, sobre todo, nas merendas e ceas máis Larseiras. Xa nos contaredes que vos parecen! 

898