Novos Iogures Cremosísimos

Iogures Cremosísimos. Galegos e de Pastoreo e cunha sensación en boca única.

Probaches xa os novos iogures  Cremosísimos de Larsa elaborados con Leite de Pastoreo? A nosa nova gama de iogures estréase estes días nos supermercados: Cremosísimo Natural, Amorodo e Limón e non podiamos deixar pasar a oportunidade para contarche con todo detalle que son os Cremosísimos.

A verdade é que co nome xa desvelamos bastante o segredo que hai detrás deles, pero por se aínda non os probaches, queremos avisarche de que neste post hai algo de  spoiler 😉 sobre o que atoparás cando destapes un Iogur Cremosísimo de Larsa.

O principal que teñen os  Cremosísimos é, como non! A textura extra cremosa. Porque sabemos que a sensación que deixan os nosos iogures en boca é unha das cousas que máis valorades os #Larseiros e velaquí temos parte da explicación de que cada vez haxa máis #Larseirosdetodaavida. 

Porque a nosa receita de iogur parécese moito á receita tradicional caseira e non a mudamos case nada desde hai máis de 50 anos, cando comezamos a elaborar os nosos primeiros Iogures Tradicionais. O segredo desta cremosidade única, ademais da receita, é a nosa materia prima, o Leite de Pastoreo certificado, de vacas que pacen a diario en pastos galegos, verdes e abundantes, e que dan ao leite unhas propiedades únicas e unha textura especial.

Cremoso natural, o tradicional en versión  premium

Pois os Cremosísimos incorporan a esa receita unha pequena cantidade de nata que os fai aínda máis apetitosos. No caso do Iogur Cremoso Natural, notarás un sabor moi semellante ao Tradicional pero con esa textura máis cremosa que lle dá a nata. E si, é cremoso pero deixa unha sensación moito máis lixeira ca outros iogures con nata que podes atopar no  súper. 

Con nomes e mesmo grafías estrañas, hai marcas con iogures “gregos”, “búlgaros”, e mesmo “turcos” e parécense ben pouco ao noso Cremoso galego. Por que? Algunhas desas presentacións tan do Olimpo teñen entre un 10% e 12% de materia graxa, mentres que os Cremosísimos Larsa teñen a metade; un 5,6% de MG os de Amorodo e Limón, e un 6,5%, os Naturais.

Cremosísimo de Amorodo e de Limón

E que hai dos Cremosísimos froiteiros? A cremosidade é igual que no Cremosísimo Natural, pero con sabores máis refrescantes. Se xa es fan dos nosos iogures, a explicación curta do que che vas a atopar cando abras a tapa dun Cremosísimo de Amorodo ou de Limón é que en sabor parécense bastante aos nosos iogures con froitas pero non teñen anaquiños. 

O limón e o amorodo están incorporados nun preparado que elaboramos con auténtica froita e diluimos no iogur para ofrecerche un Cremoso con verdadeiro sabor a froita. Un cremoso galego, sempre moito mellor que un turco, un búlgaro ou un grego. Onde vai parar!

E coñecendo coma coñecemos aos #Larseiros e a súa diversidade de gustos, é probable que ti tamén te esteas preguntando se haberá novos sabores de Cremosísimos. Desde aquí só podemos dicirche que en Larsa, e como xa temos demostrado, todo é posible, e non deixamos de innovar en sabores. Agora que coma sempre, todo dependerá do que vos gusten.

Que tal se os probas e cóntasnos que che parecen? Podes facelo nos nosos perfís de Facebook, Instagram e Twitter.

1030