O Pastoreo e a súa relación co medio ambiente

O Pastoreo é o modelo de produción de Larsa. Un modelo asentado na tradición de Galicia que permite ás vacas pacer ao aire libre, sen estrés, durante unhas horas determinadas ao día. O resultado? Vacas moito máis relaxadas, produtos de maior calidade, mellor perfil nutricional do leite, protección dos montes e pastos galegos…

Este modelo presenta grandes beneficios para os axentes implicados: Larseiros, vacas, gandeiros e natureza. Hoxe centrarémonos neste último, explicando polo miúdo a relación do Pastoreo cos pastos, a biodiversidade e moito máis. 

Queres saber que teñen en común o Pastoreo e estes últimos conceptos? Segue lendo!

Actúa contra o cambio climático

Este é un dos beneficios ambientais que presenta o Pastoreo. Un modelo que ten a capacidade de actuar contra o cambio climático.*

O Pastoreo é capaz de reducir a pegada ambiental porque as vacas se alimentan da herba que crece nos pastos. Desta maneira, estimúlase o crecemento das plantas, compensando á súa vez, os niveis de carbono.

Respeta e fomenta a biodiversidade

Outra das grandes vantaxes do Pastoreo a nivel ambiental é o seu papel á hora de respectar e fomentar a biodiversidade.

O papel das vacas nesta cuestión é decisivo: O seu traslado permite manter abertos os corredores de paso que conectan os diferentes pastos. As vacas, ao pasar dun campo a outro, favorecen a dispersión das sementes, promovendo a diversidade e mellorando a riqueza do chan. 

Reduce o risco de incendios

Como todos sabemos, unha das grandísimas problemáticas da xestión dos montes galegos é o risco de incendios debido á acumulación de combustible vexetal, o abandono e a falta de coidado das parcelas. 

Neste sentido, o Pastoreo ten un papel importantísimo. Este modelo permite ás vacas pacer ao aire libre e, onde hai pastos coidados, hai unha maior vixilancia e un menor risco de que se produzan incendios. Ademais, ao pasar dun pasto a outro, as vacas crean devasas naturais que dificultan a propagación do lume.

Rexenera o chan

O esterco natural que xeran as vacas favorece a restauración do chan. É un abono natural que proporciona nutrientes e aumenta a abundancia e diversidade de organismos, mellorando así a produtividade agrícola dos chans e a actividade biolóxica.


Outras implicacións

Como diciamos ao principio, o Pastoreo presenta un gran número de beneficios e implicacións. Aínda que neste post centrámonos na súa relación co medio ambiente, imos mencionar por enriba algún dos seus grandes beneficios: 

 

  • Mantén a población rural

O éxodo rural e a Galicia baleirada son outros dos grandes problemas xeográficos e demográficos que presenta a comunidade. 

O Pastoreo é un modelo asentado na tradición de Galicia, sostido en numerosas ganderías diseminadas por todo o territorio galego. En moitos casos, estas ganderías están rexentadas por familias que co seu modo de vida manteñen os pobos vivos e activos, freando o éxodo rural e creando riqueza.

O Pastoreo é o seu modo de vida. Un modelo que fomenta a contorna rural e impide que moitas desas persoas teñan que buscar traballo nas grandes urbes.

 

  • Produto de maior calidade

Un recente estudo, impulsado por Larsa xunto á Xunta e o LIGAL, comprobou que o carácter diferencial do Leite de Pastoreo fundaméntase en que presenta un mellor perfil de ácidos graxos e unha maior concentración de antioxidantes.

O Leite de Pastoreo, ademais de ter un maior valor nutricional, presenta outras características no seu sabor, corpo e textura que nos lembran ao leite de sempre. Consumir os produtos de Larsa conéctanos co noso pasado e ao sabor do Leite de toda a vida. E isto é grazas ao Pastoreo.

 

  • Vacas máis felices

O Pastoreo permite pacer ás vacas ao aire libre a diario. Pacer libremente e sen estrés é outro dos valores diferenciais do Pastoreo.

Este modelo permite vivir ás vacas dun modo máis relaxado, gozando da liberdade e da interacción dunhas cas outras. Se viches algunhas das nosas fotos de Rutas de Pastoreo, entenderalo. Como para non estalo! 

Neste post quixemos analizar a estreita relación do Pastoreo co medio ambiente. Estas son algúns dos beneficios e vantaxes  que ten o Pastoreo para o planeta, as vacas e as persoas.

 

Referencias:

*Siete razones por las que el pastoreo favorece un futuro mejor. Organización de las Naciones Unidas para la Alimentación y la Agricultura, 2021.

1302