O pastoreo, unha garantía para a biodiversidade e un freo aos incendios

As vacas son as protagonistas do noso leite de pastoreo, co que producimos produtos sans e de calidade; pero no son as únicas beneficiadas deste sistema de explotación que respeta ao máximo o medio ambiente.

As vacas de pastoreo saen pastar ao aire libre todos os días, sempre que o clima o permite. Esto obriga aos gandeiros a dispor de pastos cuidados, de varios predios en perfecto estado para garantir que sempre hai herba fresca e abondosa. E é que as nosas vacas deben dispor polo menos dunha hectárea de terreo por cada 2,5 exemplares adultos, de herba de polo menos 5 centímetros de alto e de auga a libre disposición. E iso é moito pasto dispoñible…

A gandería de pastoreo é familiar, respeita ao máximo o medio ambiente, contribúe a manter a biodiversidade, é máis sostible e axuda a fixar poboación no rural, garantindo a actividade gandeira. Por iso podemos dicir que as vacas, os gandeiros, o ecosistema e mailos consumidores son os grandes beneficiados do pastoreo certificado.

O pastoreo reduce o risco de incendios

Unha actividade respetuosa co medio ambiente, que axuda a manter cuidadas e baixo supervisión amplas zonas naturais ten tamén a súa incidencia na redución de ameazas ao ecosistema natural, como son os incendios forestais.

Un dos principais riscos de que se declare lume en zonas de monte é a acumulación de combustible vexetal polo abandono e a falta de cuidado periódico. Por iso considérase que o pastoreo extensivo é un sistema que equilibra a presenza do home e o respecto ao ecosistema. Alí onde hai animais pastando hai pastos cuidados, maior vixilancia e menor risco de que se produzan incendios.

A propia ONU no seu informe “Pastoreo e economía verde: ¿un nexo natural?” de 2015 recoñece que unha xestión mellorada do pastoreo contribúe a conservar a biodiversidade e reducir os incendios.

O pastoreo reduce a pegada medioambiental

O estudo do Programa de Nacións Unidas para o Medio Ambiente e a Unión Internacional para a Conservación da Natureza recoñece tamén a contribución das actividades de pastoreo na redución da contaminación, xa que esta actividade garante a produción de biomasa para conservar os depósitos naturais de carbono. Según os seus datos, a extensión do pastoreo contribuirá a secuestrar a través do chan máis de 400 millóns de toneladas de CO2, preto do 10% das emisións de carbono que produce o ser humano.

O pastoreo é, en definitiva, respetuoso cos animais, aos que permite pastar de xeito libre nos prados; respetuoso co gandeiro, ao que facilita manter explotacións más sostibles; e co medio ambiente, mantendo a biodiversidade e arredando o risco de ameazas ao noso ecosistema. Coma temos comprobado, pastar ou non pastar non é cousa irrelevante para a nosa contorna, ¿verdade?

823