☰

Por que os iogures de Pastoreo de Larsa non son o mesmo

Hai iogures… e logo están os Iogures de Pastoreo de Larsa. E non, non é unha forma de falar. Cando dicimos que non son o mesmo, dicímolo con coñecemento de causa, con historia, sabor e, sobre todo, con moito Pastoreo. 

Todo comeza moito antes de abrir o vasiño que tes entre as mans. Empeza nos pastos de Galicia, con vacas que pacen en liberdade, con gandeiros que coidan os seus prados e ás súas vacas como sempre o fixeron, e que dan como resultado un iogur cun sabor e unha cremosidade totalmente diferente, que se nota desde a primeira cullerada. 

Iogures de Pastoreo Larsa

Falar dos nosos Iogures de Pastoreo Larsa é falar de cremosidade, de textura e de moitísimo sabor. Están elaborados con Leite de Pastoreo 100% galego, recollido en ganderías familiares, de tamaño medio. 

En Larsa contamos cunha das gamas de iogures máis amplas do mercado: Iogures de Pastoreo Tradicionais, Iogures de Pastoreo con Froitas, Iogures de Pastoreo Desnatados, Bífidus de Pastoreo, Sen Lactosa de Pastoreo, Iogur de Pastoreo Galaikos, Iogures de Pastoreo Cremosísimos e Sobremesas de Pastoreo, que son todo un chisco á gastronomía galega. E todos eles comparten algo moi importante: o mesmo corazón de sempre e unha receita que se mantén intacta desde hai 56 anos. Porque se algo funciona, ¿para que cambialo? 

Un pouco de historia larseira

Empezamos a elaborar iogures en 1964, cando aínda se chamaban ioghourt e vendíanse incluso en farmacias, en vasos de cristal. A nosa primeira fábrica estivo no barrio vigués de Balaídos, e desde alí comezamos a formar parte do día a día de moitas familias galegas. 

Hoxe producimos máis de 1.600.000 iogures á semana na nosa planta de Vilagarcía, mantendo un proceso de elaboración tradicional e unha materia prima excepcional. Ese é, e sempre foi, o noso único segredo 😉. 

O iogur é un alimento completo, nutritivo e fácil de integrar no día a día. Aporta proteínas, calcio e vitaminas esenciais. E cando está elaborado con Leite de Pastoreo, o resultado é aínda mellor. 

En Larsa elaboramos todos os nosos iogures con Leite Tradicional de Pastoreo Larsa Certificado, respectando o ritmo natural das vacas, da terra e apoiando ás familias de Galicia que levan catro décadas confiando en nós, xeración tras xeración. Porque ao final, non é o mesmo escoller calquera iogur que escoller un Iogur Larsa. E iso é ben sabido en Galicia, onde os nosos iogures son líderes en vendas, e especificamente o noso Iogur Tradicional sabor Vainilla, o favorito dos fans galegos do iogur. ¡O rei absoluto das neveiras de Galicia! 

Ademais, contamos cunha gama para todos os gustos: 

Porque son 125 gramos de sabor, textura e cremosidade… e unha forma diferente de facer as cousas. E ti, Larseiro? Con que iogur Larsa quedas? 😉 

Elixe iogures con sabor de Pastoreo por “só uns céntimos máis”

Os Iogures de Pastoreo Larsa elabóranse con leite procedente de 403 ganderías de Pastoreo certificadas en Galicia, ganderías familiares con rabaños que saen a pastar cada día, percorren os prados en liberdade e aliméntanse de herba fresca e natural. 

E é que para as vacas non é o mesmo vivir entre prados que entre paredes. No Pastoreo, as vacas saen a pastar a diario, gozando de espazo suficiente e seguindo os seus ritmos naturais. Detrás de todo este proceso hai gandeiros que coñecen a terra, coidan os pastos e respectan os animais como se fixo sempre. 

Ese coidado tradúcese na felicidade dos animais, nun leite mellor, con prados ben xestionados, que ademais axudan a manter a paisaxe e a previr incendios. E é que xa sabes… cando o leite é bo, o iogur sabe a iogur de verdade 😉. 

Porque “non é o mesmo”

Escoller Iogures de Pastoreo Larsa tamén é elixir un sistema sostible que contribúe a manter vivas as comunidades, remunera de forma xusta aos gandeiros e coida dun entorno que forma parte da nosa identidade. 

Todo o leite co que elaboramos os nosos iogures é 100% galego e de Pastoreo certificado, envasado na nosa planta de Outeiro de Rei (Lugo) e avalado por estrictos controis de calidade, con certificacións como SGS, Galicia Calidade e Galega 100%. 

Por iso, como dicimos no noso novo spot, por só uns céntimos máis, podes escoller un iogur que coida das vacas, da terra e das persoas. Un iogur con historia, con tradición e con ese sabor tan Larsa que en Galicia recoñecemos ao instante. 

Porque ao final, non é o mesmo escoller calquera iogur que escoller un Iogur de Pastoreo Larsa. E iso… nótase. 

1654