Propiedades do iogur natural que debes coñecer

Iogur con Leite de Pastoreo Larsa

O iogur obtense a partir de leite, por fermentación láctica por medio da acción de microorganismos: Lactobacillus e  Streptococcus, que oxidan a lactosa producindo ácido  láctico. Este ácido proporciona ao iogur una certa textura e cremosidade específicos deste derivado lácteo. 

O iogur achéganos micronutrientes, os cales poden axudar a mellorar a calidade da dieta e manter o benestar metabólico, todo isto dentro dun estilo de vida saudable.

O iogur é rico en proteínas de alto valor biolóxico. Pero sen dúbida, no que destaca é no seu contido en calcio, nutrimento clave para manter unha boa saúde nos ósos e os dentes.

Tamén achega vitaminas e minerais como magnesio, fósforo, potasio, vitamina B2 e B12. 

Receitas con iogur

Ademais de todos estes beneficios, o iogur é un alimento moi versátil. Cando falamos del asociámolo sempre a almorzos, merendas ou sobremesas. 

Non obstante, podémoslle tirar moito máis proveito na cociña do día a día. Grazas á súa textura podémolo utilizar para elaborar cremas ou salsas, en substitución doutros produtos con maior contido en materia graxa e/ou azucres. Podémolo usar para aderezar ensaladas, para adoubar carnes, peixes ou verduras, e mesmo para elaborar sobremesas. 

Sen dúbida, o iogur é un alimento moi completo que non só nos achega saúde, senón que tamén é orixinal se lle tiramos todo o partido que ten

631