Todo o que podes facer na cociña cun iogur Larsa. 4 ideas irresistíbeis

Todo un mundo de receitas que collen nun vaso de iogur Larsa

Ai, o iogur Larsa! Ti tamén cres que é un delicioso pracer? De sobremesa, como merenda, para cear, como antollo a calquera hora, para gozar diante da tele… Si, o iogur é un dos produtos máis versátiles de Larsa e, como está elaborado co Leite de Pastoreo, ten un sabor e unha cremosidade sen competencia. Ideal para receitas con iogur.
Precisamente por iso, os iogures Larsa son os preferidos dos cazoleiros, porque aportan un toque totalmente diferencial aos pratos salgados e doces. Hoxe queremos falarche de catro posibilidades, catro ideas para deleitarte co teu iogur Larsa favorito doutros xeitos. E combinadas de tal forma que, se es un #Larseiro absoluto, podes organizar a túa particular Xornada de Exaltación do Iogur e prepararte un menú 100% iogureiro con entrante, prato principal e sobremesa. Imos aló?

Salsa de iogur á feira

Si, si, tan á feira coma o polbo e tan tradicional coma os iogures Larsa. É unha receita súper sinxela de facer e perfecta para acompañar toda clase de pratos. Podes probala con peixes, verduras, ensaladas, polo fritido, etc. Só necesitas mesturar 2 iogures naturais Larsa, 1 culleradiña de pemento picante, 1 chisco de fiúncho, pementa negra, sal e aceite de oliva. Atreveríaste a probala con polbo á brasa? Mmmmm!

Pizza de raxo

Un iogur nunha pizza? Si, é precisamente o ingrediente que che permite facer unha masa de pizza perfecta con tan só 3 ingredientes: 250 g de fariña de repostería (con fermento incorporado), 2 iogures naturais Larsa e un chorriño de Nata para Montar Larsa. A elaboración é sinxela, mesturar todo nunha cunca e amasar até ter unha masa fina. Con ela estendida, cúbrea con tomate fritido, recubre este co teu queixo Larsa favorito en rebandas e 300 g de raxo de porco adubado marcado antes na tixola (terminarase de facer no forno). Enforna 10 minutos e á mesa!

Biscoito de vainilla

Os iogures Larsa son os mellores para todo e tamén para elaborar un biscoito de vainilla. Tan importante é o contido coma o vaso de iogur en si e os de Larsa teñen o tamaño e a anchura perfectos, a que si? Necesitarás 3 ovos, 1 iogur Larsa de Vainilla, 1 vaso de iogur Larsa de aceite de oliva, 2 vasos de iogur Larsa de azucre, outros 3 vasos de fariña, 1 sobre de fermento e 1 culleradiña de esencia de vainilla. Xa sabes, mestúrao e ao forno!

Iogur xeado ou xeado de iogur

Esta é a sobremesa perfecta para o verán o pódela facer con calquera dos máis de 30 sabores de iogures Larsa que podes encontrar no súper. Necesitarás 4 iogures Larsa do teu sabor favorito, 200 ml de Nata para Montar Larsa e 2 culleradas de mel. É tan sinxelo coma mesturar os iogures (sen soro) co mel, engadilos á nata xa montada, mesturalo con movementos envolventes e colocar a mestura nun molde apto para conxelar. É bo que o tapes cun filme que estea en contacto coa mestura, sen aire. 3 horas e a gozar!

Se es un cazoleiro, non deixes de botar unha ollada á nosa sección de receitas , onde atoparás propostas doces e salgadas para todos os gustos.

974