Queixo e embarazo, todo o que precisas saber

Durante o embarazo xorden numerosas dúbidas ao redor de que podemos ou non consumir. As preguntas que máis se repiten, e que a miúdo nos envían as nosas Larseiras, son as relacionadas cos queixos e o embarazo.

Neste post, imos aclarar todas as túas dúbidas, para que coñezas dunha vez por todas, as cousas que debes ter en conta se estás embarazada e es unha #cheeselover. Se as túas dúbidas están máis relacionadas cos iogures e o embarazo, non te preocupes. Neste post podes atopar toda a información que precisas.

Es unha adicta á Quesería Larsa e ademais estás embarazada? Segue lendo!

Primeiro paso: Leite Pasteurizado

A nutrición e a saúde alimentaria son realmente importantes, pero durante o embarazo o son aínda máis. Se estás embarazada, probablemente oíches falar sobre o leite pasteurizado e a importancia que ten que os lácteos sexan elaborados con este tipo de leite, para poder consumilos con total liberdade. A que si?

Se estás embarazada, podes consumir queixo. A recomendación médica advirte que este debe someterse a un proceso de pasteurización.

Leite Pasteurizado: Que é iso?

Como indicabamos neste post, o leite pasteurizado é aquel que se somete a un tratamento térmico que garante as perfectas condicións de conservación do alimento, asegurando que é apto para o consumo humano. Ademais da pasteurización, existe a ultrapasteurización, tamén coñecido como Leite UHT. Ambos procesos eliminan os patóxenos prexudiciais para o organismo, evitando en calquera caso enfermidades como a brucelose ou a listeriose, especialmente perigosas durante o embarazo.

Cómo saber se o leite está ou non pasteurizado?

Polo xeral, os queixos da industria alimentaria están todos pasteurizados. O próximo día que vaias ao supermercado, vai á neveira dos queixos e comproba a súa etiqueta. Nela debe figurar se se someteu a un tratamento térmico e se é seguro para o consumo humano.

Que aporta o queixo?

Agora que sabes que podes consumir queixo pasteurizado con total liberdade, é importante que coñezas por que deberías incorporalo na túa alimentación diaria.

O queixo é un alimento cun gran valor nutricional. Este lácteo, que se obtén a partir da maduración do callo do leite, achega un elevado contido en calcio e proteínas de alto valor biolóxico. Ademais, o queixo destaca polo seu alto valor en vitaminas A, B2, B12 e minerais como o sodio e o potasio. E ademais, conta cunha baixa concentración en hidratos de carbono e azucres!

Calcio: Un factor fundamental

Como ben saberás, os lácteos son unha fonte importantísima de nutrientes, de vitaminas e de minerais, concretamente de calcio. O calcio é o mineral máis abundante do corpo humano. Por este motivo, é importantísimo manter os niveis de calcio en todas as etapas da vida. Os lácteos, e neste caso os queixos, son unhas poderosas fontes de calcio, converténdose en alimentos fundamentais para o desenvolvemento do organismo. O calcio intervén no desenvolvemento do feto, concretamente na formación dos ósos, dos dentes, dos nervios, dos músculos e mesmo do corazón.

Cantidade recomendada

Seguir unha alimentación saudable, completa e variada, é importante xa de seu, pero con máis razón en persoas embarazadas. E é que o tipo de alimentos que se inxiren e a cantidade son valores que afectan directamente á formación do feto.

A inxesta recomendada de calcio en persoas embarazadas está comprendida entre 1100 e 1200 miligramos por día. Isto tradúcese en 4 racións de lácteos diarias.

Queixería Larsa, a túa gran aliada

En Larsa somos expertos queixeiros. E é que dende o lanzamento en 1933 do noso primeiro queixo, non deixamos de medrar.

O noso segredo? Elaborar os nosos queixos con Leite Galego 100% de Pastoreo. Un Leite certificado co selo SGS, o que certifica que as nosas vacas pacen un mínimo de horas diarias ao aire libre. Unha cadea de produción que comeza nos pastos galegos e termina nos fogares dos nosos Larseiros, respectando os máximos estándares de calidade, así como o sabor e a textura a leite de toda a vida.

Descubre a Queixería Larsa e goza de todo o sabor dos nosos queixos galegos. Produtos pasteurizados para que poidas consumilos durante os próximos 9 meses!

939