O queixo perfecto para un sándwich aínda máis apetitoso: Semicurado, en barra e con Leite de Pastoreo

Está a piques de cumprir tres meses no mercado e xa seduciu a miles de #Larseiros dentro e fóra de Galicia. É a última innovación de nosa Queixería Larsa, un queixo  semicurado en barra e elaborado con Leite de Pastoreo! 

O Queixo  Semicurado en Barra é tan cremoso e fundente como o queixo en barra Clásico ou o Lixeiro de  Larsa, pero o seu sabor é aínda máis intenso. Por que? Porque o sometemos a un proceso de maduración de 4 meses que fan del un queixo en barra único

Único para nós e diferencial no mercado

Único na gama de Queixería Larsa e innovador nun mercado no que a presenza de queixos de Pastoreo semicurados en barra é testemuñal. Así é o noso Queixo Semicurado en Barra. Pídello ao teu  charcuteiro de confianza co grosor que máis che guste. E con todas as garantías dos queixos en barra de  Larsa! Porque é tan fácil de cortar como o Clásico ou o Lixeiro, para gozalo loncheado en versión extrafina ou en taco, engadido á ensaladas ou como aperitivo antes de sentar á mesa.

O Queixo  Semicurado en Barra de Larsa, elaborado con Leite de Pastoreo, é ideal para todas as familias e todas as idades porque contén 240 miligramos de calcio por cada ración de 30 gramos, o 30% de todo o calcio que o teu organismo necesita cada día para estar coma un buxo. E é que o calcio é un nutriente fundamental en todas as etapas de desenvolvemento, e especialmente na infancia, a madurez e para mulleres embarazadas. E pódese repetir! Porque se comes 100 gramos nun día completarías a ración de calcio necesaria nunha dieta saudable.

O queixo favorito dos galegos

Como todos os produtos Larsa, o Queixo Semicurado en Barra está elaborado con leite  pasterizado. E ademais ten o sabor e a cremosidade diferenciais de Larsa, que fixeron dos nosos queixos os favoritos de miles de familias de Galicia durante máis de catro xeracións. O noso segredo e o que levou ao cumio os queixos de barra de Larsa como líderes do mercado galego é manter a mesma receita tradicional durante anos. 

Ese respeito á tradición e á orixe plásmanse no sabor dos queixos con Leite de Pastoreo Larsa. Leite de Pastoreo certificada, obtida de vacas que pacen en liberdade, ao seu ritmo, nos verdes prados galegos, respectando o seu desenvolvemento natural. 

Vacas felices que producen un leite con máis sabor, leite 100% galego, que deixa pegada, no vaso e no padal, e a materia prima ideal para elaborar os mellores e máis apetitosos produtos lácteos, como o Queix  Semicurado en Barra de Larsa.

Tamén dispoñible en Madrid

Nosa última innovación de Queixería Larsa estreouse ao grande, dentro e fóra de Galicia porque como toda a nosa gama de Queixos de Pastoreo está dispoñible nos supermercados de Madrid.

Así que se aínda non o probaches, pregunta á túa charcuteiro de sempre e descobre o sabor único do Semicurado en Barra de Pastoreo de Larsa. Dálle un toque extra cremoso e extra delicioso aos teus bocadillos, sándwiches, pizzas ou pratos  gratinados. E non deixes de contarnos que che parece nas nosas redes sociais!

1177