Razóns para comer queixo

O queixo é un alimento moi consumido en todo o mundo. Existen moitos tipos variando, en gran medida, a súa composición nutricional. Aínda que, de forma xeral poderíase dicir que o queixo é un alimento composto, principalmente, por graxa e proteínas, estas proteínas son de alto valor biolóxico, polo que achegan todos os aminoácidos para formar tecidos.  

En canto á graxa, que na súa maioría é graxa saturada, estudos científicos recentes observaron que a graxa procedente de produtos lácteos, consumidos dentro das cantidades recomendadas, asóciase con niveis de colesterol favorables en persoas sas e cuns estilos de vida saudables. Isto débese, en parte, a outros compostos que contén o queixo que diminúen o efecto negativo que podería exercer a alta cantidade de graxa saturada.  

O queixo e a hipertensión 

Nun estudo elaborado por Lasson et al. observouse a non asociación entre o consumo de queixo e o risco para padecer enfermidades cardiovasculares.   

No que se refire á obesidade, o queixo tamén exerce un papel protector ou neutro. Isto pode ser entre outras cousas á acción do calcio sobre a adiposidade ou á cantidade de proteínas que achega facendo de este un alimento moi saciante.  

A hipertensión é unha enfermidade moi asociada á inxesta de sal, e o queixo, por norma xeral, contén bastante. En cambio, varios estudos verifican a asociación inversa entre o consumo de queixo e o desenvolvemento de hipertensión. Por exemplo, unha investigación desenvolvida en Noruega, concretamente co consumo de queixo Gamalost, un aumento do consumo deste queixo repercutía nunha redución da presión arterial. Soedamah-Muthu verificou por mediación de varios estudos a relación inversa entre o consumo de queixo e a hipertensión.  

O queixo e a vitamina D 

A achega de vitamina D e calcio é moi importante para os ósos, por iso, o queixo é un alimento moi interesante para previr enfermidades como a osteoporose.  

Os queixos máis curados ou azuis, no seu proceso de fermentación, forman compostos con actividade antiinflamatoria e antibacteriana. Ademais, algúns conteñen microorganismos vivos que teñen función probiótica 

Como conclusión, podemos dicir que o queixo dentro dunha alimentación sa e uns bos hábitos terá un papel neutro e mesmo protector contra estas enfermidades.

448