Somos Larsa, a marca de Leite de Pastoreo ligada Galicia dende hai case un século
Presentes nos fogares dende hai catro xeracións
A orixe de Larsa está, coma en moitas empresas de Galicia, na unión dunha familia, a dos irmáns Rodríguez López, para crear en 1933 un produto único, diferente: un queixo tradicional, do tipo Arzúa, pero elaborado de forma profesional.
O éxito daquela iniciativa na Granja Arjeriz foi o xermolo do que 1947 se deu en chamar Lactoagrícola Rodríguez S. A., da que xurdiu o acrónimo LARSA, xa con dúas plantas de produción en Chantada (Lugo) e en Vigo e sede en Vilagarcía de Arousa.

Tradición comprometida coa Calidade


Ao longo da súa historia, Larsa sempre foi sinónimo de calidade, de compromiso coa súa orixe, e gústanos pensar que, grazas a iso, creceu coas familias e está presente nas mesas de catro xeracións de galegos, dando sempre o mellor.
Xa que logo, mantivemos o sabor e a receita dos produtos tradicionais Larsa ao longo do tempo sen demasiadas variacións, fieis á tradición que nos aboa dende 1933.
O sabor de sempre dos nosos produtos converteunos nunha referencia para o consumidor; en clásicos, imprescindibles nas neveiras de Galicia. E máis alá! É o caso do Queixo de Barra Larsa, do noso leite e iogures tradicionais.
A esta primeira familia de produtos clásicos fómoslle incorporando outros novos, especialmente en forma de sobremesas lácteas, ata ofrecermos a gama máis ampla de iogures do mercado e sobremesas que lles renden tributo a sabores tradicionais de Galicia.
Dende a orixe, apegados ao rural
Larsa está integrada en Corporación Alimentaria Peñasanta, un dos maiores grupos lácteos do país que destaca pola elaboración de produtos sans e naturais e conta con 1.300 traballadores, a metade no rural.
O sabor, de sempre
dos nosos produtos converteunos nunha referencia para o consumidor