Leite con Castañas

Unha receita de longa elaboración da que agora podes gozar en calquera momento

O leite con Castañas é o primeiro dos nosos Antollos Larseiros, unha gama de apetitosos pratos, tradicionais da nosa gastronomía, que nunca se deberían perder e que agora che ofrecemos listos para destapalos e deleitarse con eles. Aínda non os probaches?

  • Valor Enerxético:441KJ (105Kcal)
  • Grasas:2,8g
    • do cal
    • Saturadas: 1,7g
  • Hidratos de carbono:15,0g
    • do cal
    • Azucres: 11,0g
  • Proteinas:4,0g
  • Sal:0,2g
  • Calcio:120mg (15% VRN)
Leite enteiro, castañas (22%), leite en polvo desnatado, azucre

Leite con Castañas

Castañas cocidas e Leite de Pastoreo, unha combinación espectacular

Con ese espírito de recuperación creamos o Leite con Castañas, unha receita que se elabora con castañas 100 % galegas, peladas e cocidas, e o mellor Leite de Pastoreo Larsa. Porque somos a primeira marca galega certificada por SGS S.A. cun selo que avala que as nosas vacas se alimentan ao seu ritmo nos prados galegos.

Unha sobremesa de sempre, agora envasada

Esta sobremesa típica de Galicia gañou o noso primeiro Premio Innovación Saudable/Saudable para crear produtos sans. Por que? Porque a súa laboriosa preparación caseira estaba relegándoa a un uso anecdótico. Así que decidimos elaborar a primeira versión profesional de Leite con Castañas con Leite de Pastoreo. Pura innovación! E a máxima expresión dun antollo.

Esta página web utiliza cookies propias y de terceros. Si sigue navegando por la página, significa que está de acuerdo y acepta nuestra Política de cookies.