Iogur con Uvas
Con sabor a uva fresca e coa cremosidade ideal do Leite de Pastoreo, o iogur pensado para festexar a vendima.
Si, con uvas, porque co moito que nos gusta esta froita coa que arrincamos o outono, e coa de variedades deliciosas que hai en Galicia... Non podía faltar un iogur Larsa con todo o sabor da vendima. O iogur de Pastoreo saboroso de Larsa e con anacos de xenuina uva. Quen dá máis?
- Valores medios por 100grs
- Valor Enerxético:388 KJ (92 Kcal)
- Grasas:3,3 g
-
- do cal
- Saturadas: 2,2 g
- Hidratos de carbono:11,9 g
-
- do cal
- Azucres: 10,4 g
- Proteinas:3,7 g
- Sal: 0,1 g
- Calcio:120 mg (15% VRN)

Un sabor de sempre, agora en iogur
O Iogur con Uvas vén unirse a unha das gamas máis apreciadas de iogures Larsa, os iogures con froitas. Témolos dos sabores máis diversos para que atopes o que máis che gusta. En cada un destes vasiños atoparás 7,5 gramos de uva, en anaquiños, e o característico sabor dos iogures Larsa.
Receita tradicional con Leite de Pastoreo
Xa nolo preguntaron e o verdadeiro segredo dos iogures Larsa é o Leite de Pastoreo, de vacas que pacen en liberdade e gozan dunha alimentación 100% natural. Leite 100% galego e unha receita tradicional que reproduce nas nosas plantas a receita de toda a vida. Goza do Iogur con Uvas e festexa o outono en calquera momento do ano.
