Quefir no embarazo: beneficios e como integralo na dieta

O embarazo é unha etapa na que aumentan as necesidades nutricionais, especialmente a partires do segundo trimestre. O organismo da nai traballa para soster a súa propia saúde e, ao mesmo tempo, o desenvolvemento do bebé. Por iso, a elección de alimentos densos en nutrientes, doados de consumir e seguros é esencial. Un destes alimentos é o quefir, un lácteo fermentado que destaca pola súa achega de proteínascalcio e pola diversidade de microorganismos vivos que contén.  

Por que aumentan as necesidades de nutrientes no embarazo

Durante a xestación, a demanda de enerxía e nutrientes é maior que na etapa previa. O crecemento do feto, a formación da placenta e o aumento do volume sanguíneo explican estas necesidades extras.   

 Aínda que non é certo que no embarazo haxa que “comer por dous”, como se adoita dicir, si que aumentan as necesidades de calorías e certos nutrientes a partir do segundo trimestre: proteínas, ferro, iodo, calcio, vitaminas… Etc.   

 Para cubrir esta demanda aumentada, normalmente basta con ter unha alimentación variada, equilibrada e priorizar alimentos con alta densidade nutricional. Entre eles, os lácteos ocupan un lugar destacado pola súa achega de proteínas de alto valor biolóxico, calcio, vitaminas do grupo B e outros minerais como o iodo e o fósforo 

 Os datos dispoñibles mostran que máis do 50% das embarazadas españolas non cumpren a inxesta recomendada de vitamina D, iodo, folatos, ferro, calcio e zinc. As cifras tamén indican que só ao redor do 50% das xestantes cumpre a recomendación de consumir 3 lácteos ao día, a pesares da súa importancia.  

Cantos lácteos necesita unha embarazada?

As guías españolas establecen que a inxesta recomendada de calcio no embarazo é de 1000 mg ao día. Se cada ración de lácteo achega ao redor de 300 mg de calcio, necesítanse 3-4 racións diarias para alcanzar esta cantidade 

 Exemplos de racións:

  •  200–250 ml de leite  
  •  250 g de iogur ou kéfir (equivalente a 2 unidades)  
  •  85–125 g de queixo fresco  
  •  40–60 g de queixo curado  

 Os lácteos son ademais a principal fonte na dieta de calcio biodispoñible, o que significa que se absorbe e utiliza eficazmente.  

Beneficios do quefir

O quefir destaca pola súa capacidade de influír de forma positiva na microbiota intestinal, favorecendo o crecemento de bacterias beneficiosas e axudando a reducir poboacións potencialmente proinflamatorias.  

Grazas aos seus compostos bioactivos e microorganismos vivos, o seu consumo regular pode contribuír a mellorar algúns síntomas dixestivos e a optimizar indicadores relacionados co benestar intestinal.  

Este efecto modulador sobre a microbiota converte ao quefir nun alimento con potencial impacto na saúde intestinal, especialmente cando forma parte dunha alimentación variada e equilibrada.  

A microbiota materna ten un papel clave no benestar da nai durante o embarazo e constitúe unha das principais fontes de microorganismos que colonizarán ao bebé desde antes do nacemento e nos primeiros días de vida.  

Que achega o quefir no embarazo

 O quefir é un lácteo fermentado moi parecido ao iogur, aínda que con algunhas diferenzas. É fonte de proteínas e de calcio e achega millóns de microorganismos vivos que, ao fermentar parte da lactosa, fan que poida ser mellor tolerado que o leite para algunhas persoas intolerantes á lactosa.  

Proteína de calidade para o crecemento do bebé  

 A proteína é esencial para a formación de tecidos maternos e fetais. As recomendacións para os adultos son 0,83 g/kg peso corporal ao día. Durante o embarazo as necesidades aumentan (9 g/día no primeiro trimestre e 28 g/día no segundo), e o quefir axúdache a sumar proteínas completas de alta calidade á dieta diaria.   

 O noso Quefir natural con Leite de Pastoreo Larsa, achégache 8,85 g de proteínas de alta calidade por ración (2 unidades de 125 g).  

Calcio para os ósos da nai e do bebé

O calcio é un dos minerais críticos na xestación. O bebé necesítao para formar o seu esqueleto, e se a nai non consome o suficiente, pode recorrer ás reservas óseas maternas. O noso Quefir natural con Leite de Pastoreo Larsa, achégache 300 mg de calcio facilmente absorbible por ración (2 unidades de 125 g), para axudarche a alcanzar o 1000 mg recomendados de calcio.   

Lembremos que máis do 50% das embarazadas non acada os niveis adecuados de calcio nesta etapa, segundo os datos recollidos en estudos españois.  

Seguridade do quefir no embarazo 

Unha das dúbidas máis frecuentes é se é seguro consumir quefir no embarazo. A clave está no tratamento térmico do leite e no tipo de fermentación.  

Pasteurización: o punto clave 

 Durante o embarazo deben consumirse só lácteos pasteurizados ou ultrapasteurizados (UHT), xa que a pasteurización elimina microorganismos que poderían supoñer un risco.   

 O noso Quefir natural con Leite de Pastoreo Larsa está elaborado con leite pasteurizado, o que o converte nun produto seguro para esta etapa.  

 Aínda que a gran maioría dos lácteos hoxe en día son pasteurizados, lembra consultar sempre a listaxe de ingredientes en caso de dúbida 

O kéfir contén alcol? 

Algúns quefires poden presentar trazas de alcol como subproducto do tipo de fermentación que realizan os seus microorganismos.

Con todo, o noso Quefir natural con Leite de Pastoreo Larsa, elaborado con fermentos lácticos e fermentos lácticos kéfir, non contén alcol, polo que é completamente seguro consumilo se estás embarazada.

Quefir natural con Leite de Pastoreo no embarazo

O noso Quefir natural con Leite de Pastoreo Larsa é o único elaborado con leite de Pastoreo certificado, procedente de vacas que pacen en liberdade. Grazas ao Pastoreo, obtemos o noso delicioso quefir, cunha textura e autenticidade que nos fan únicos. O quefir é un alimento moi versátil que pode tomarse só, mesturado con froita, con avea, en salsas de carnes e pescados… Do mesmo xeito que o iogur, as posibilidades son infinitas, Larseiro😉! 

 

 

Bibliografía 

Gao Y, Liu Y, Ma T, Liang Q, Sun J, Wu X, Song Y, Nie H, Huang J, Mu G. Fermented dairy products as precision modulators of gut microbiota and host health: mechanistic insights, clinical evidence, and future directions. Foods. 2025;14(11):1946. 

Agencia Española de Seguridad Alimentaria y Nutrición (AESAN) (2019). Informe del Comité Científico de la Agencia Española de Seguridad Alimentaria y Nutrición (AESAN) sobre Ingestas Nutricionales de Referencia para la población española. Revista del Comité Científico de la AESAN no 29. 

 

785