O quefir gañou moita popularidade nos últimos anos. En Larsa, o noso Quefir natural con leite de Pastoreo está pensado para coidar da túa saúde sen renunciar ao sabor e á cremosidade única que nos caracteriza. Un produto que se converteu no aliado perfecto para os larseiros que queren incorporar á súa dieta opcións naturais e saudables.
E se aínda non o probaches ou non sabes como incluílo na túa alimentación, chegou o momento de descubrir como este lácteo pode transformar o teu día a día e de que maneiras podes gozalo.
Aprende a incorporalo no teu día a día
O noso quefir é moi versátil e podes gozalo de moitas maneiras. Se non sabes por onde comezar, aquí che deixamos algún consellos para sacarlle o máximo proveito.
A opción máis sinxela é tomalo só e ben frío, aproveitando o seu sabor suave e a súa textura cremosa. Tamén podes mesturalo con froitas frescas como plátano, amorodos ou arandos, e engadir cereais ou granola para un almorzo completo e enerxético. Outra alternativa é incorporalo nos teus batidos ou smoothies, acadando unha combinación repleta de antioxidantes se o mesturas con ingredientes como espinacas, froitos vermellos ou cítricos.
Ademais, o quefir tamén se adapta perfectamente a pratos salgados ou a receitas de repostería. Pode usarse como base para salsas ou aliños, mesturado con herbas, limón e allo, creando unha opción lixeira e saborosa para ensaladas ou pratos de peixe. Por exemplo, podes preparar unha versión da maionesa de iogur, utilizando o noso Quefir natural con leite de Pastoreo.
En repostería, o noso Quefir natural con leite de Pastoreo pode usarse en receitas como tortas ou madalenas, dando unha textura máis esponxosa e un toque saudable ás sobremesas.
Almorzo en vaso con quefir, froitas e granola
Este almorzo é perfecto para eses larseiros con pouco tempo polas mañás, pero que non queren renunciar a comezar o día con sabor e saúde. Pódese preparar a noite anterior ou ao momento, e é ideal para levar contigo se almorzas fóra de casa.
1. Ingredientes
- 2 unidades de Quefir natural con leite de Pastoreo
- 1 plátano
- 4-5 amorodos
- Un puñado de arandos
- 3 culleradas de granola (preferiblemente caseira/sen azucres engadidos) ou flocos de avea
- 1 culleradiña de sementes de chía
2. Preparación
- O primeiro que imos facer é lavar e cortar os amorodos e o plátano en toros finos. Unha vez listos, reservamos.
- Nun vaso ou tarro de cristal, engadimos unha capa de granola, seguida dunha capa de Quefir natural con leite de Pastoreo.
- Incorporamos parte da froita cortada e repetimos o proceso: outra capa de quefir, granola e, finalmente, os arandos e a froita cortada.
- Engadimos unha culleradiña de sementes de chía para un extra de fibra.
- Xa está! Agora servimos frío ou gardamos no frigo para o día seguinte. Bo proveito!
Tamén podes bater o quefir previamente co plátano para obter unha base máis cremosa e engadir as froitas por enriba. Un truco perfecto se queres unha textura similar á dun batido.
Salsa de Quefir natural con leite de Pastoreo con herbas
O quefir non só é ideal para almorzos e sobremesas, tamén pode ser o ingrediente estrela nos teus pratos salgados. Esta salsa cremosa e saudable é perfecta para acompañar ensaladas, peixes ou mesmo bocadillos. Unha opción lixeira e chea de sabor!
1. Ingredientes
- 1 vaso e medio de Quefir natural con leite de Pastoreo
- 1 dente de allo
- ½ vaso de zume de limón
- 1 culleradiña de mostaza suave
- 1 cullerada de aceite de oliva virxe extra
- Unhas follas de pirixel fresco
- Unhas follas de aneto fresco
- Un chisco de sal
- Un chisco de pementa negra
2. Preparación
- Nun cunco pequeno ou nun vaso medidor, engadimos o Quefir natural con leite de Pastoreo, o zume de limón, a mostaza e o aceite de oliva.
- Picamos o allo e incorporámolo á mestura.
- Agora picamos o perexil e o aneto e engadímoos xunto co sal e a pementa.
- Para conseguir unha mestura homoxénea, removemos todo moi ben coa axuda dun batedor de man.
- E listo! Agora só queda gardar a salsa no frigorífico antes de usala nas túas elaboracións máis larseiras. 😊
Esta salsa combina moi ben con ensaladas de follas verdes, tomates cereixa e salmón á prancha. Tamén podes usala como aderezo en bocadillos ou para acompañar peixe branco con verduras asadas.
Cales son os beneficios de incorporar quefir na túa dieta diaria?
O quefir é un alimento fermentado que se obtén grazas á acción dunha combinación específica de microorganismos vivos. Este proceso de fermentación dálle un sabor e unha textura únicos, ademais de facelo naturalmente máis baixo en lactosa que o leite, polo que pode ser mellor tolerado nalgunhas persoas con intolerancia á lactosa.
O quefir, ademais de conter microorganismos vivos (bacterias beneficiosas), é unha fonte de proteína de alto valor biolóxico (é dicir, que contén todos os aminoácidos que temos que inxerir a través da dieta) e calcio de fácil absorción.
Ademais, en Larsa, asegurámonos de ofrecerche un Quefir natural de alta calidade, elaborado con leite de Pastoreo de vacas que pastan en liberdade, para que poidas gozar de todo o sabor e os beneficios dun produto 100% natural. 😉