Como facer maionesa con iogur

A maionesa é un deses mollos que non poden faltar na cociña, xa sexa para acompañar unhas patacas, dar ese toque cremoso a unha ensalada rusa ou simplemente para untar nun sándwich. Se estás a buscar unha opción sen ovo, pero sen perder ese sabor que tanto che gusta, temos a solución perfecta para ti: unha maionesa feita con Iogur natural con leite de Pastoreo 

Preparar maionesa co noso Iogur natural é unha boa alternativa para transformar unha maionesa tradicional nunha alternativa para persoas que sufran alerxia ao ovo.  Comezamos?  

Por que facer maionesa con iogur?  

 O iogur natural é un ingrediente moi versátil na cociña. É fonte de calcio e proteínas e ten unha textura cremosa perfecta para combinar con outros ingredientes. Ao substituír parte do aceite ou o ovo por iogur, conseguimos unha maionesa:  

  • Máis lixeira e con menos graxa.  
  •  Apta para as persoas con alerxia ao ovo.  

 E se elixes iogures de calidade, como o noso Iogur natural con leite de Pastoreo, o resultado será aínda mellor: unha textura suave, un sabor equilibrado e un toque lixeiramente acedo que combina con todo.  

Pasos para elaborar a nosa maionesa de iogur  

Para elaborar a nosa maionesa de iogur precisarás unha serie de ingredientes para que quede perfecta.  

Ingredientes 

Elaboración  

 O primeiro que imos facer é mesturar o iogur cos outros ingredientes nun vaso de batedor ou nun cunco ben fondo: Primeiro o iogur, despois o zume de limón ou o vinagre de mazá e, por último, o sal.   

  1. Mesturamos todo coa axuda dun batedor de man, ata acadar un mollo ben integrado.  
  2. De seguido e mentres seguimos batendo, incorporamos o aceite aos poucos. O ideal é verter o aceite en fío fino para que se emulsione ben e manter o batedor pegado ao fondo do vaso.  
  3. Segundo vexamos que a maionesa de iogur vai collendo corpo, aos poucos subimos o batedor ata a superficie sen deixar de bater. É importante facer este paso con coidado para evitar que a maionesa se corte.  
  4. Unha vez ben ligada, podemos repetir o movemento abaixo e arriba para emulsionar ben a maionesa.  
  5. Cando academos a textura perfecta, vertemos a maionesa con iogur nun recipiente e deixámola repousar uns minutos no frigorífico.  
  6. Xa o temos! Agora é a quenda de gozar da túa maionesa con iogur nos teus pratos favoritos.

E se probo con outros iogures Larsa?  

Ademais do noso Iogur natural con leite de Pastoreo, tamén podes preparar esta receita con outras variedades da nosa gama de iogures que achegarán algunhas diferenzas, pero cos que prepararemos unha maionesa con iogur igual de deliciosa:  

 Así que xa sabes, a receita de maionesa con iogur pódela adaptar segundo o tipo de iogur que máis che guste ou o que teñas por casa. Ti decides!  

Unha opción máis atrevida: Maionesa de aguacate con iogur natural con leite de Pastoreo

 Se che apetece probar algo diferente, traémosche esta versión con aguacate que che vai a encantar. É igual de cremosa que a receita sen aguacate pero achega un sabor suave que a converte noutra solución perfecta para acompañar os teus pratos.

Ingredientes

  •  125 g de Iogur natural con leite de Pastoreo  
  • 1 aguacate maduro  
  • 1 culleradiña de zume de limón  
  • ½ culleradiña de aceite de oliva virxe extra  
  • Un chisco de sal 

Elaboración  

  1. O primeiro que imos facer é cortar o aguacate pola metade, quitarlle o óso e extraer a polpa cunha culler.  
  2. A continuación, engadimos nun vaso medidor a polpa do aguacate, o iogur, o limón, o aceite e o sal.  
  3.  Trituramos todo coa batedora ata que obteñamos unha mestura homoxénea e cremosa. Se buscamos unha textura menos densa, podemos engadir un chorriño de auga ou o leite Larsa da túa preferencia.  
  4. Para rematar, probamos a maionesa, axustamos o sal. E listo!  

 Consellos para unha maionesa con iogur perfecta

  • Elixir un bo iogur. Como vimos, dependendo do resultado que queiras conseguir: unha maionesa máis cremosa, máis lixeira… Terás que escoller entre un iogur Larsa ou outro na receita.  
  • Ten coidado coa emulsión. Realizar movementos sutís e coidadosos axudaranos a acadar unha emulsión perfecta, evitando que a nosa maionesa con iogur se corte.  
  •  Elixe un aceite suave. Se non queres camuflar o sabor do iogur, utilizar un aceite de oliva suave sempre será a mellor opción. 😉  
  •  Conservar ben a maionesa con iogur en frío. A maionesa caseira debe conservarse no frigorífico e consumirse nun prazo máximo de 2 a 3 días.  

Unha alternativa saborosa e versátil 

 Preparar maionesa con Iogur natural con leite de Pastoreo é unha maneira fácil e deliciosa de gozar dunha versión máis lixeira dun dos mollos máis queridos na nosa cociña. Ademais, a súa textura cremosa e o seu sabor suave fan que funcione xenial en calquera prato, desde ensaladas ata carnes ou peixes.  

 E se te animas coa versión de aguacate, seguro que sorprenderás aos teus invitados cunha opción diferente pero igual de rica.  

 Cóntanos que tal che saíu. Estamos seguros de que vas repetir! 😋  

1055