Leite frito de cabaza

Unha sobremesa típica nas mesas de toda Galicia cun doce sabor a outono.

Notas de interese / Consellos

Esta sobremesa é perfecta para dar saída a un excedente de cabaza engrandece aínda máis o mítico leite frito, unha sobremesa saborosa e fácil de preparar cun toque suavemente doce e sabor a outono. A cabaza é un froito con gran cantidade de auga, así que para facilitar o resultado podes asala ao forno en lugar de cocela para reducir a humidade da masa resultante e facilitar o paso de fritila. Toma nota dos pasos e goza!

Alérxenos

Lácteos.

Que produtos de Larsa precisas para facer a receita?

Ingredientes

  • 1 litro de Leite de Pastoreo Enteiro Larsa
  • Unha noz de Manteiga Tradicional Larsa
  • 500 g de cabaza
  • 100 g de fariña de millo
  • 200 g de azucre branco
  • 4 xemas de ovos grandes
  • Pel de limón
  • Canela en rama
  • 2 ovos talla L
  • Fariña de trigo
  • Sal
  • Canela en pó
  • Aceite

Elaboración

Coce en 900 ml de leite de Pastoreo a canela de rama e a pel do limón.

Pela, parte, coce e escorre ben a cabaza. Tritúraa ata obter un puré consistente.

Disolve a fariña de millo nos 100 ml restantes de leite frío.

Mestura e bate o puré de cabaza coa fariña de millo disolta en leite, as xemas de ovo e o azucre ata obter unha mestura homoxénea.

Coa o leite infusionado e vérteo sobre a mestura. Quenta a masa resultante a lume medio sen deixar de remover.

Engade a noz de manteiga tradicional e remove ata que se funda.

Verte a masa nunha fonte de cristal cadrada ou rectangular e deixa que arrefríe.

Curta a masa en cadrados de 4-5 cm de lado. Rebózaos en fariña e ovo e fríteos en aceite quente ata que estean ben dourados.

Retíraos a unha fonte con papel absorbente e empoeira con azucre e canela en pó. Bo proveito!

320