Co novo lanzamento do noso Quefir natural con leite de Pastoreo, moitos larseiros poden dubidar que diferenza ao quefir do iogur. A primeira vista poden parecer dous produtos similares, pero son dous alimentos fermentados con algunas diferenzas relevantes.
Ambos son unha fonte natural de nutrientes esenciais como o calcio ou a proteína, pero cada un ten a súa propia personalidade, textura, sabor e os seus beneficios. Vexamos cales son.
Iogur: un clásico que nunca falla
O iogur é un dos alimentos fermentados máis coñecidos en todo o mundo. Obtense a partir da fermentación do leite con dúas únicas bacterias encargadas de transformar a lactosa en ácido láctico: Lactobacillus bulgaricus e Streptococcus thermophilus. Esta transformación é o que lle achega ao iogur a súa textura cremosa e ese sabor lixeiramente acedo que o caracteriza.
Ademais, en Larsa elaboramos os nosos produtos con leite de Pastoreo, o que fai que teñan ese sabor tan especial que tanto nos gusta. Sen dúbida, unha opción moi versátil para incluír nos teus almorzos, merendas ou receitas, tanto doces como salgadas.
Quefir: un fermentado con máis carácter
O quefir, é un leite fermentado orixinario do Cáucaso, elabórase tradicionalmente a partir dunha combinación única e sinérxica de bacterias acedo-lácticas, bacterias acedo-acéticas e fermentos. Estes microorganismos forman os gránulos de quefir, unha estrutura branca e xelatinosa que é responsable da fermentación do leite.
No caso do noso Quefir natural con leite de Pastoreo, utilizamos unha combinación de fermentos lácticos quefir e fermentos lácticos do iogur, para obter un sabor máis suave.
Por iso, ademais dos nutrientes que comparte co iogur, o quefir caracterízase por ter unha maior diversidade de microorganismos vivos.
Diferenzas entre o quefir e o iogur
Aínda que ambos produtos teñen grandes propiedades, existen algunhas diferenzas que poden axudarte a elixir o que máis che convén.
- Textura e sabor: o iogur é máis cremoso e suave, mentres que algúns tipos de quefir poden ter un sabor lixeiramente máis acedo. É frecuente que o quefir se comercialice en forma de bebida.
- Tipo de fermentación: o iogur elabórase con dous tipos de bacterias e a súa fermentación é únicamente láctica, mentres que a combinación de bacterias e fermentos nalgúns tipos de quefir, transforma a lactosa en ácido láctico, dióxido de carbono e pequenas cantidades de alcol.
- Contido en microorganismos vivos: o quefir contén unha maior variedade de microorganismos vivos.
Tanto o quefir coma o iogur son dúas opcións saudables e pódense incluír na túa alimentación de maneira sinxela e saborosa. En Larsa cremos que comer ben non ten por que ser complicado, por iso elaboramos os nosos produtos con leite de Pastoreo, para poder ofrecerche o mellor tanto en sabor, calidade e naturalidade.
Xa sexa que elixas o noso Iogur natural con leite de Pastoreo ou o noso Quefir natural con leite de Pastoreo, o importante é que optes polo que máis che gusta e faiche sentir ben. Porque coidarse tamén pode ser un pracer 😉