Por que os iogures de Pastoreo de Larsa non son o mesmo

Hai iogures… e logo están os Iogures de Pastoreo de Larsa. E non, non é unha forma de falar. Cando dicimos que non son o mesmo, dicímolo con coñecemento de causa, con historia, sabor e, sobre todo, con moito Pastoreo. 

Todo comeza moito antes de abrir o vasiño que tes entre as mans. Empeza nos pastos de Galicia, con vacas que pacen en liberdade, con gandeiros que coidan os seus prados e ás súas vacas como sempre o fixeron, e que dan como resultado un iogur cun sabor e unha cremosidade totalmente diferente, que se nota desde a primeira cullerada. 

Iogures de Pastoreo Larsa

Falar dos nosos Iogures de Pastoreo Larsa é falar de cremosidade, de textura e de moitísimo sabor. Están elaborados con Leite de Pastoreo 100% galego, recollido en ganderías familiares, de tamaño medio. 

En Larsa contamos cunha das gamas de iogures máis amplas do mercado: Iogures de Pastoreo TradicionaisIogures de Pastoreo con FroitasIogures de Pastoreo DesnatadosBífidus de PastoreoSen Lactosa de PastoreoIogur de Pastoreo GalaikosIogures de Pastoreo Cremosísimos e Sobremesas de Pastoreo, que son todo un chisco á gastronomía galega. E todos eles comparten algo moi importante: o mesmo corazón de sempre e unha receita que se mantén intacta desde hai 56 anos. Porque se algo funciona, ¿para que cambialo? 

Un pouco de historia larseira

Empezamos a elaborar iogures en 1964, cando aínda se chamaban ioghourt e vendíanse incluso en farmacias, en vasos de cristal. A nosa primeira fábrica estivo no barrio vigués de Balaídos, e desde alí comezamos a formar parte do día a día de moitas familias galegas. 

Hoxe producimos máis de 1.600.000 iogures á semana na nosa planta de Vilagarcía, mantendo un proceso de elaboración tradicional e unha materia prima excepcional. Ese é, e sempre foi, o noso único segredo 😉. 

O iogur é un alimento completo, nutritivo e fácil de integrar no día a día. Aporta proteínas, calcio e vitaminas esenciais. E cando está elaborado con Leite de Pastoreo, o resultado é aínda mellor. 

En Larsa elaboramos todos os nosos iogures con Leite Tradicional de Pastoreo Larsa Certificado, respectando o ritmo natural das vacas, da terra e apoiando ás familias de Galicia que levan catro décadas confiando en nós, xeración tras xeración. Porque ao final, non é o mesmo escoller calquera iogur que escoller un Iogur Larsa. E iso é ben sabido en Galicia, onde os nosos iogures son líderes en vendas, e especificamente o noso Iogur Tradicional sabor Vainilla, o favorito dos fans galegos do iogur. ¡O rei absoluto das neveiras de Galicia! 

Ademais, contamos cunha gama para todos os gustos: 

Porque son 125 gramos de sabor, textura e cremosidade… e unha forma diferente de facer as cousas. E ti, Larseiro? Con que iogur Larsa quedas? 😉 

Elixe iogures con sabor de Pastoreo por “ uns céntimos máis

Os Iogures de Pastoreo Larsa elabóranse con leite procedente de 403 ganderías de Pastoreo certificadas en Galicia, ganderías familiares con rabaños que saen a pastar cada día, percorren os prados en liberdade e aliméntanse de herba fresca e natural. 

E é que para as vacas non é o mesmo vivir entre prados que entre paredes. No Pastoreo, as vacas saen a pastar a diario, gozando de espazo suficiente e seguindo os seus ritmos naturais. Detrás de todo este proceso hai gandeiros que coñecen a terra, coidan os pastos e respectan os animais como se fixo sempre. 

Ese coidado tradúcese na felicidade dos animais, nun leite mellor, con prados ben xestionados, que ademais axudan a manter a paisaxe e a previr incendios. E é que xa sabes… cando o leite é bo, o iogur sabe a iogur de verdade 😉. 

Porque “non é o mesmo”

Escoller Iogures de Pastoreo Larsa tamén é elixir un sistema sostible que contribúe a manter vivas as comunidades, remunera de forma xusta aos gandeiros e coida dun entorno que forma parte da nosa identidade. 

Todo o leite co que elaboramos os nosos iogures é 100% galego e de Pastoreo certificado, envasado na nosa planta de Outeiro de Rei (Lugo) e avalado por estrictos controis de calidade, con certificacións como SGS, Galicia Calidade e Galega 100%. 

Por iso, como dicimos no noso novo spot, por só uns céntimos máis, podes escoller un iogur que coida das vacas, da terra e das persoas. Un iogur con historia, con tradición e con ese sabor tan Larsa que en Galicia recoñecemos ao instante. 

Porque ao final, non é o mesmo escoller calquera iogur que escoller un Iogur de Pastoreo Larsa. E iso… nótase. 

1126