O quefir é moito máis ca unha moda pasaxeira; é un alimento con séculos de tradición que chegou desde as montañas do Cáucaso para darnos un toque único en cada cullerada. Elabórase a partir da fermentación do leite, creando un produto cremoso, lixeiramente ácido e cunha textura única.
En Larsa, o noso quefir con Leite de Pastoreo está pensado para eses larseiros que buscan coidar a súa saúde sen renunciar ao sabor. É perfecto para incorporar no almorzo, e a súa versatilidade permíteche gozalo con froitas, cereais ou o que máis che apeteza. Así que, se aínda non o probaches, hoxe é o momento perfecto para facelo!
Por que incorporar quefir no teu almorzo?
O quefir destaca pola súa versatilidade na cociña e polo que achega á túa alimentación. Ao ser un alimento fermentado, contén microorganismos vivos que axudan ao equilibrio da microbiota intestinal, clave para o benestar dixestivo.
Ademais, contén proteínas de alto valor biolóxico e achega calcio dentro dunha dieta equilibrada. Durante a fermentación, parte da lactosa redúcese, polo que algunhas persoas con intolerancia á lactosa o toleran mellor. En Larsa, elaboramos os nosos quefires con Leite de Pastoreo coidando cada detalle para ofrecerche un produto natural, delicioso e de calidade para o teu día a día.
5 almorzos con quefir para comezar o día con bo pé
Unha das características do noso Quefir con Leite de Pastoreo é a súa capacidade para adaptarse a todo tipo de receitas. Así que hoxe traémosche cinco ideas para que goces deste alimento nos teus almorzos.
1. Quefir con avea e froitas frescas
Unha das formas máis fáciles e completas de tomar calquera dos nosos quefires é combinalos con avea e froita. Sen dúbida, unha opción moi equilibrada, saciante e perfecta para comezar o día con enerxía.
Ingredientes para dúas persoas
- 250 g de Quefir natural con Leite de Pastoreo, Quefir sabor amorodo con Leite de Pastoreo ou Quefir sabor limón con Leite de Pastoreo.
- 1 presa de copos de avea
- 1 plátano
- 1 kiwi
- 1 laranxa
- 1 culleradiña de mel
Quefir con avea e froitas frescas paso a paso
- Para comezar, pelamos e cortamos o plátano, o kiwi e a laranxa en anacos pequenos. Nun bol, engadimos o quefir elixido e mesturámolo cos copos de avea.
- Deixamos repousar a avea uns minutos para que abrande.
- Agora, incorporamos a froita por enriba e, se che apetece un toque máis doce, engadimos un pouco de mel.
- E listo! Xa podemos desfrutar deste bol de quefir con avea e froitas frescas no noso almorzo.
2. Quefir con puré de froitas e froitos secos
Se es deses larseiros aos que lles gustan os almorzos con diferentes texturas, esta é a túa opción ideal. Combina a cremosidade da nosa gama de quefires coa suavidade da froita e o toque crocante dos froitos secos.
Ingredientes
- 250 g de Quefir natural con Leite de Pastoreo, Quefir sabor amorodo con Leite de Pastoreo ou Quefir sabor limón con Leite de Pastoreo.
- 1 caqui maduro
- 1 porción de biscoito integral esmigallado
- 1 puñadiño de pistachos
- 1 culleradiña de canela
- 3 follas de menta
Quefir con puré de froita e froitos secos paso a paso
- O primeiro que imos facer é colocar unha base de biscoito esmigallado con quefir nun bol. Deixamos repousar.
- Mentres tanto, trituramos o caqui ata obter un puré fino. Engadímolo sobre a mestura.
- A continuación, picamos os pistachos e engadímolos por enriba.
- Para rematar, esparexemos un pouco de canela e decoramos cunhas follas de menta. E listo! É hora de gozar desta deliciosa receita.
3. Tortas con quefir
Se es dos que teñen un pouco máis de tempo polas mañás, preparar unhas tortas con quefir pode ser unha forma estupenda de desfrutar dun almorzo caseiro e moi saboroso.
Ingredientes para dúas persoas
- 1 ovo
- 1 mazá relada
- 200 ml de Quefir natural con Leite de Pastoreo
- 100 g de fariña de avea
- 30 g de coco relado
- 1 cullerada de azucre
- 1 culleradiña de fermento en po
- 1 culleradiña de Manteiga tradicional Larsa
Tortas con quefir paso a paso
- En primeiro lugar, mesturamos o ovo coa mazá relada. Unha vez teñamos a mestura lista, incorporamos o noso Quefir natural e remexemos ata integralo ben.
- Agora, engadimos pouco a pouco a fariña de avea, o coco relado, o azucre e o fermento (nesta orde) e mesturamos ata conseguir unha masa homoxénea.
- Nunha tixola antiadherente cunha culleradiña de Manteiga tradicional Larsa, cociñamos pequenas porcións da masa durante un par de minutos por cada lado.
- Retirámolas e listo! Podemos acompañalas con froita, mel ou incluso un pouco máis de Quefir natural por enriba para un resultado aínda máis cremoso.
4. Batido de quefir con mango e cúrcuma
Se buscas algo rápido e sinxelo, os batidos sempre son unha boa opción. E co noso Quefir natural con Leite de Pastoreo, o resultado é aínda máis completo.
Ingredientes
- ½ mango
- 100 ml de zume de laranxa
- 1 anaco pequeno de xenxibre
- ½ culleradiña de mel
- ¼ culleradiña de cúrcuma
Batido de quefir con mango e cúrcuma paso a paso
- Comezamos introducindo o mango, o zume de laranxa, o Quefir natural con Leite de Pastoreo, o xenxibre, o mel e a cúrcuma nunha batidora. Trituramos todo ata conseguir unha mestura suave.
- Probámolo e axustamos o sabor; se queremos que sexa un pouco máis doce, engadimos un pouco máis de mel.
- Unha vez listo, pasamos a mestura por un coador para eliminar grumos e… Listo! Xa podemos gozar dun almorzo práctico e cheo de sabor para eses días nos que temos un pouco máis de présa.
5. Torrada con quefir e froita
Ingredientes para dúas persoas
- 2 rebandas de pan
- 1 cullerada de crema de froitos secos
- 1 plátano
- 1 culleradiña de mel
- 1 presiña de chips de chocolate
- 1 puñadiño de sementes ou froita seca
Torrada con quefir e froita paso a paso
- Para comezar, torramos o pan. Unha vez listo, untamos a crema de froitos secos e engadimos o Quefir natural con Leite de Pastoreo.
- Engadimos a froita previamente cortada por enriba e rematamos decorando cos nosos toppings favoritos: sementes, chips de chocolate, froita deshidratada… E listo!
Agora que sabes como tomar quefir no almorzo, só tes que escoller a túa receita favorita e gozar dos seus beneficios cada mañá. E é que incorporar calquera dos nosos quefires aos teus almorzos pode ser unha forma sinxela de comezar o día coidándote, sen renunciar a desfrutar do que comes. Porque ás veces, os pequenos cambios son os que marcan a diferenza 😉.