Queixo O Pazo ao forno con tomate

Un primeiro prato que adapta ao inverno o clásico petisco de queixo. E perfecto para mollar pan!

Notas de interese / Consellos

O queixo é o ingrediente principal desta receita á que neste caso engadimos tomate natural, pero o noso Queixo O Pazo en taco está boísimo só. Se queres algo aínda máis contundente podes engadirlle xamón ou substituír o tomate por calquera outro ingrediente que che guste máis. Ao Queixo O Pazo en taco todo lle queda ben!

Alérxenos

Lactosa
Queixo O Pazo ao forno con tomate

Que produtos de Larsa precisas para facer a receita?

Ingredientes

  • 1 Queixo Galego O Pazo en taco  Larsa (200 g)
  • 2 tomates medianos pelados
  • 1 dente de allo
  • Sal fino
  • Pemento
  • Pementa negra
  • Ourego

Elaboración

Pouco máis fai falta para animar unha reunión de familia ou con amigos que un queixo galego e un bo pan. Si, en Galicia tamén temos un pan espectacular. Un pan á altura dos nosos Queixos Galegos en taco, co sabor único e inconfundible do noso Leite de Pastoreo certificado, e tan versátiles que podes combinalos con doce ou con salgado. Sempre están riquísimos e ademais teñen un fundido ideal e cremoso, perfecto para cociñar. Así que che presentamos unha receita ben sinxela que podes poñer como entrante para compartir ou para adaptar ao inverno ese clásico petisco entre amigos con Queixo galego: Queixo O Pazo ao forno con tomate. Se aínda non deches a probar aos teus amigos ou familiares o Queixo O Pazo en taco de Larsa, esta é a túa oportunidade de brillar coma un profesional da cociña. Unha receita moi doada de facer que saca todo o partido á cremosidade e ese lixeiro toque acedo típico de O Pazo. Un prato para gozar do sabor diferencial do Pastoreo de Galicia que caracteriza a Queixería Larsa… E quente! Boísimo!

Prequenta o forno a 180 graos durante 10 minutos. É o que che levará preparar o prato antes de enfornar.

Nunha cazola de barro ou metal pon unhas pingas de aceite de oliva e esténdeo ben no fondo para evitar que o prato se pegue.

Pela os tomates e córtaos en rodelas finas e cobre con elas o fondo da cazola.

Bota sobre o tomate os dentes de allo moi picados e un pouco de ourego.

Coloca o taco de Queixo O Pazo sobre o tomate e distribúe sobre el un chisco de ourego.

Introduce a cazola no forno a 180 graos durante 10 ou 15 minutos, ata que o queixo se derreta completamente e estea lixeiramente gratinado.

Saca a fonte do forno, bota pementa negra e pemento sobre o queixo e sírveo inmediatamente. A gozar!

1489