Galicia Calidade avala a gama de iogures Larsa e a aposta da marca polo Leite de Pastoreo certificado e 100% Galego

Iogures con Leite de Pastoreo e agora, Galicia Calidade

Talvez esteamos a converter este 2020 no noso ano do iogur, pero a verdade é que a nosa gama de sobremesas está a darnos moitas alegrías que nos encanta compartir. Galicia Calidade recoñeceu coa súa certificación de calidade a nosa gama de iogures, integrada por 40 variedades diferentes que, como nos gusta lembrar, permítenche gozar dun iogur diferente cada día sen ter que repetir en todo un mes!

Por iso nas últimas semanas comezaron chegar aos supermercados os novos iogures Larsa co selo Galicia Calidade. Isto significa que ademais de ser os favoritos dos galegos, a súa calidade foi contrastada, a través de mecanismos de auditoría e control moi esixentes. Galicia Calidade é un prestixioso selo recoñecido non só dentro senón fóra de Galicia, e mesmo como aval de competitividade da economía galega nos mercados internacionais. Baixo este selo, atópanse máis de 120 empresas e 370 produtos que, pola súa elaboración en Galicia, pola súa materia prima e o seu proceso de produción, cumpren os esixentes requisitos da marca Galicia Calidade.

A marca de garantía galega avala deste xeito a calidade das 40 variedades de iogures  Larsa, que envasamos na nosa planta de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Tradición comprometida coa calidade

A Consellería de Economía,  Emprego e Industria, responsable de Galicia Calidade, fixo público o recoñecemento aos iogures Larsa nun comunicado que detalla: “Estes produtos agrúpanse en seis grupos segundo o seu sabor ou elaboración: Iogures Tradicionais, entre os que se atopa o Iogur de  Vainilla,  o máis vendido de Galicia; Iogures con Froitas; Iogures   Desnatados; Iogures do Peregrino, Iogures Bífidus e Larsa Sobremesa, que inclúe sabores tradicionais galegos coma o de licor café, que se converteu nun fenómeno social e mercantil ao revolucionar o mercado galego no momento do seu lanzamento en 2016”.

 Alfonso Cabaleiro, director xerente de Galicia Calidade, agradeceu ademais a “mostra de confianza de  Larsa” na marca de garantía galega ao solicitar o seu recoñecemento e co que o selo suma novas referencias “dun sector, o lácteo, que é parte fundamental da economía galega e da nosa tradición agroalimentaria”. 

Galicia Calidade destaca como “ao longo da súa historia”, Larsa distinguiuse sempre “coma sinónimo de calidade e de compromiso coa súa orixe, o que lle permitiu estar presente nas mesas de catro xeracións de galegos e galegas”.

 Recoñecemento ao Leite de Pastoreo

Galicia Calidade basea o seu apoio aos nosos iogures na aposta de  Larsa, primeira marca galega de Leite de Pastoreo certificado por SGS, entidade líder en supervisión. Destaca o significativo aumento do volume de recollida e comercialización do Leite de Pastoreo que Larsa protagonizou nos últimos anos en Galicia. Un aumento que, xa cho contamos, permitiu incrementar a nosa capacidade de produción, non só de iogures senón de toda a nosa gama de produtos elaborados con Leite de Pastoreo e 100% Galego.

Galicia Calidade xa avalara co seu selo as 5 variedades de Leite de Pastoreo Larsa, tras verificar os seus altos estándares de calidade. Leite Enteiro, Semidesnatado e Desnatado, en 2014 e Semidesnatado Sen Lactosa e Desnatado Sen Lactosa, en 2017. Unha materia prima de altísima calidade que recollemos cada día en máis de 400 explotacións distribuídas en diferentes zonas de Galicia que manteñen a gandaría en réxime de pastoreo, tradicional da nosa terra. Vacas que pastan a diario nos mellores e máis abondosos pastos, ao seu ritmo, cunha alimentación totalmente natural e espazo suficiente para garantir o seu benestar e o seu desenvolvemento natural. 

 Con esa extraordinaria materia prima que é o Leite de Pastoreo Larsa elaboramos todas as nosas variedades de iogur que agora obteñen o recoñecemento de Galicia Calidade. Un estímulo á nosa aposta de manter a nosa forma de facer as cousas; a mesma receita e o mesmo proceso de elaboración durante máis de 50 anos. Porque o que é de verdade acaba gañando. Porque as cousas boas sempre estarán aí.

1456