Coa chegada do inverno, o mercurio do termómetro esborrállase, sopran ventos fríos e as tormentas sucédense. En anos de xeadas e neves, ademáis de usar máis ca nunca os xerseis de la, as chirucas e as bufandas, debemos afrontar esta nova tempada con enerxía e optimismo.
A alimentación é un factor crave que non podemos desatender e os lácteos son os nosos aliados, dos que non nos podemos esquecer nesta época.
Lácteos, o alimento indispensable para combatir as baixas temperaturas
Unha saúde forte é fundamental para soportar o cambio de ritmo e a baixada de temperaturas. Os lácteos achegánnos proteínas de alto valor biolóxico, graxas saudables, minerais fundamentais coma o calcio, fósforo e potasio, que favorecen a saúde dos ósos e dentes, vitaminas hidrosolubles e liposolubles.
Nas épocas máis cálidas é doado incorporar todo tipo de productos lácteos a nosa dieta: iogures, batidos a base de leite, xeados… Servidos ben fríos resúltannos refrescantes a calquera hora. Ademais, o queixo é un dos alimentos que non adoitan faltar na nosa mochila cando facemos sendeirismo ou paseos ao aire libre.
Non obstante, co frío, as excursions son menos frecuentes e máis curtas, botando máis tempo na casa. Ademáis, xa nos apetecen receitas máis quetiñas e reconfortantes.
Saca proveito aos lácteos tamén no inverno
Co leite témolo doado, pois adoitamos tomala quente cada día con café, té, cacao e incluso soa. Pola súa banda, os batidos a base de leite tamén son para o inverno. Podemos tomar leite batido con froitas de temporada como laranxa, plátano e mango, que ademáis de proporcionarnos enerxía, axudannos a manternos hidratados.
Asimesmo, podemos tomar o coñecido “leite con castañas”, receita tradicional, moi típica de Galicia e propia desta época. Outra opción, é a leite quente especiada con canela, cardamomo e anís. Ambas combinacións están boísimas!
Cando caen as temperaturas, apetecen pratos máis consistentes, como guisos, sopas e cremas de verduras, tan reparadores e vigorizantes, como saudables. Aquí podemos engadir lácteos de forma sinxela, e incrementar o valor nutritivo das nosas receitas, engadindo un chorriño de leite, nata, iogur e queixo. Que tal un toque de queixo para enriquecer cremas ou aportar proteínas a unhas verduras?
Como ves, non son poucas as alternativas para consumir lácteos máis aló do leite bebido no almorzo e a merenda. Tan só hai que botarlle imaxinación