Mexillóns tigre

Unha receita tan Larseira como mariñeira

Notas de interese / Consellos

Os mexillóns tigre son moi sinxelos de preparar. Tan só debes ter un pouco de práctica coa bechamel, porque o resto da receita é moi doada. O nome de mexillóns tigre vén da receita clásica, que utiliza pemento picante ou tabasco para darlle un toque picante a este preparado. Os Larseiros que adoran o picante teñen todos os pasos que necesitan para degustar uns deliciosos mexillóns, pero en Larsa tamén pensamos nos máis clásicos, así que ti elixes!

Alérxenos

Marisco, Lactosa, Glute

Que produtos de Larsa precisas para facer a receita?

Ingredientes

(Para 4 persoas)

  • 1 kg de mexillóns
  • 200 g de gambas
  • 1 cebola
  • 1 dente de allo
  • 1 pemento verde
  • 2 culleradas sopeiras de tomate triturado ou 1 tomate enteiro para salsa
  • 125 g de Manteiga Tradicional  Larsa
  • 1 litro de Leite de Pastoreo Tradicional Larsa
  • 4 culleradas de fariña
  • Noz moscada
  • 2 ovos batidos (para rebozar)
  • 500 g de pan relado (para rebozar)
  • Aceite de Oliva Virxe Extra para fritir
  • Tabasco ou pemento picante (ao gusto)
  • Sal

Elaboración

Os mexillóns son uns deses moluscos que gustan a todo o mundo e típicos da gastronomía de Galicia. Aquí encántanos render tributo aos seus produtores e ás Rías Baixas, onde crecen como en ningún sitio, con múltiples elaboracións que sacan todo o partido á súa versatilidade. Os mexillóns ao vapor son unha desas preparacións máis clásicas, pero hoxe propoñémosche unha receita ideal para sorprender aos teus: Os mexillóns tigre, un aperitivo ou primeiro prato perfecto. Porque Aquí facémolo así! Necesitarás uns mexillóns de boa calidade, unha boa bechamel e rebozalos en pan relado. Non ten máis segredo! Queres comprobalo? Segue os pasos:

Para comezar debes lavar en auga fría os mexillóns, retirando as barbas e os restos da cuncha cun coitelo. Vérteos nunha pota cun dedo de auga con sal gordo e pona a lume vivo. Cando abran, estarán listos.

Retira a cazola do lume e espera a que os mexillóns arrefríen. Reserva a auga para darlle máis sabor a mar a túa bechamel.

Retira os mexillóns das cunchas, pícaos ben e reserva. Garda as cunchas para empratar despois os teus mexillóns.

Se utilizas gambas peladas só tes que picalas miúdas e mesturalas cos mexillóns.

Pica o allo, a cebola e o pemento e sofríeos nunha tixola cun chorriño de aceite de oliva. Primeiro os dentes de allo durante medio minuto e logo a cebola e o pemento. Engade un chisco de sal e en 10 minutos teralo todo refogado.

Engade as gambas e os mexillóns, xunto co tomate e medio vaso do caldo dos mexillóns ben coado. Se queres darlle un toque picante, engade unhas gotiñas de tabasco ou unha cullerada de pemento picante. Deixa que a salsa reduza uns 10 minutos sen parar de remover e reserva.

É o momento de preparar a bechamel. Utiliza a manteiga para refogar a fariña cunhas baleas e engadir daquela o leite. Remove a bechamel todo o intre ata que estea bastante espesa e engade ao final a noz moscada.

Mestura o recheo de mexillón con tomate e a bechamel ata que teñas unha masa homoxénea e deixa que arrefríe. Enche cada cuncha con esta pasta e pasa os teus tigres por ovo batido e pan relado.

Por último fríteos en aceite de oliva moi quente, ata que vexas que o pan relado está ben doradiño. Escórreos uns minutos boca abaixo en papel absorbente. Non te preocupes, agradecerás que arrefríen un pouco antes de poder saborealos. Que aproveite!

1482