Damos a benvida aos #RetosLarseiros

Se hai algo que identifica aos galegos é que somos 100% Larseiros e que non nos importan en absoluto os tópicos.

Sabemos perfectamente cando subimos ou baixamos, sentimos morriña mesmo cando nos imos do noso fogar durante unhas horas… E case choramos emocionados ao abrir a tapa dun iogur Larsa e saborear todo o poder do Pastoreo.

Os larseiros, en resumo, somos moi nosos e facemos as cousas ao noso xeito. Xa sabes: #AquíFacémoloAsí.

Para mostrar o noso orgullo creamos unha serie de retos que viran ao redor dos mellores tópicos galegos: A morriña, a retranca, as festas gastronómicas… Prometemos que non terán desperdicio!

Aquí tes toda a información para que non esquezas nada.

Que son os #RetosLarseiros?

Desde o 8 de xuño terás nos nosos perfís de Facebook e Instagram distintos retos sobre os tópicos galegos máis representativos. 

Cada tópico terá as súas instrucións, e non haberá dous retos iguais: Nun terás que crear un meme, noutro calcular distancias (moi moi difíciles ?)… En resumo, darlle á cabeza sen parar para ser o gañador.

Como participo en cada reto?

É importante que teñas en conta o seguinte: Presta moita atención ás nosas redes sociais. Nelas publicaremos cando comeza cada reto, de que se trata, que hai que facer para participar… E cal é o premio.

Non hai dous retos iguais, pero si hai algo que teñen en común: Como se participa en cada un deles. 

Esta é a mecánica:

1- Cubre o formulario na web dos retos: www.aquifacemoloasi.es  

2- Responde en Facebook ou Instagram á pregunta que faremos en cada reto

3- Síguenos en Facebook ou Instagram

É doado, verdade? 

Lembra que na nosa páxina web: www.aquifacemoloasi.es terás toda a información que necesitas para ser o gañador do reto. Ademais, terás información exclusiva e poderás pescudar de que se tratará o seguinte reto para que poidas ir quentando motores.

Que podo gañar cos #RetosLarseiros?

En cada reto pode haber gañador ou gañadores (indicarémolo nas bases legais e no post de participación de cada reto) que poden gañar merchandising exclusivo de Larsa, lotes de produtos e moitos agasallos.

Pícache xa a curiosidade de participar nos nosos #RetosLarseiros? Quen haberá máis galego e máis larseiro ca ti?

Desde o 8 de xuño podes demostralo e compartilo nas túas redes sociais para retar aos teus amigos ou familiares. Ás veces, os larseiros somos un pouco competitivos, xa sabes, #AquíFacémoloAsí 

476