A receita de arroz con leite de Inmaculada

O arroz con leite agora ten novos matices no seu sabor, anímaste a elaborar esta receita da nosa larseira?

Notas de interese / Consellos

O mellor é facelo a lume lento

Alérxenos

Lactosa

Que produtos de Larsa precisas para facer a receita?

Ingredientes

  • 1 litro de leite enteiro Larsa
  • 1/2 litro nata para cociñar Larsa
  • 30  gr. manteiga
  • 140  gr. arroz bomba
  • 100  gr azucre de cana
  • Anaquiños e casca de laranxa deshidratada
  • Canela moída
  • Canela en rama
  • Rama de vainilla
  • Un chisco de xenxibre
  • Pel da Lima

Elaboración

Nunha pota engadimos: leite, nata, manteiga, arroz, azucre, canela en rama, vainilla xunto ás súas sementes extraídas, a pel da lima, anaquiños de laranxa, chisco de xenxibre…

Todo a lume suave ata que chegue ao seu punto de cocción…Cunha culler de pau removemos cando o precise e non debemos esquecer engadir o amor pola cociña.

Minutos antes apagamos o lume, deixámolo un intre… Retiramos …Dispoñémolo nunha fonte.

Decoramos con canela moída e relamos a pel da lima…E listo.

580