Con que comer iogur natural: 5 ideas saborosas

Antes de comezar con ideas saborosas para comer iogur natural… Sabes realmente de onde se obtén o iogur? A resposta é moi sinxela: a partir do leite, por fermentación láctica mediante a acción de microorganismos (Lactobacillus e Streptococcus) que oxidan a  lactosa producindo ácido láctico. Este ácido proporciona ao iogur una certa textura e  cremosidade, específicas deste derivado lácteo.

E, aínda que non imos poñernos técnicos, si que é necesario que saibas que o iogur nos achega micronutrientes que poden axudar a mellorar a calidade da alimentación e manter o benestar metabólico, todo isto dentro dun estilo de vida saudable.

Xa sabemos o que vas a dicir, está claro que o Iogur Natural de Larsa está boísimo así, só, sen nada máis… Pero tamén podemos combinalo con outros ingredientes que poden converter o noso tesouro nunha sobremesa máis saborosa aínda.

Puxémonos a pensar e temos moitas ideas deliciosas, toma nota!

Ideas saborosas… e saudables!

 1| Con froitos secos

Ás propiedades do iogur podemos engadir as dos froitos secos: son unha fantástica fonte de enerxía e graxas saudables para o noso organismo, entre as que destacan os ácidos graxos omega3. Son unha potente fonte de nutrientes. Debemos ter en conta que son moi densos  energéticamente, polo que as cantidades de consumo poden depender do gasto enérxico de cada un de nós.

Entre os froitos secos máis saborosos para mesturar co Iogur Natural de  Larsa están as améndoas, abelás, noces ou  pistachos. Isto vai cos gustos de cada un, podes engadir un tipo de froitos secos ou combinalos todos. Ti mandas,  Larseiro!

2| Con froita fresca e froitos vermellos

Amorodo, arandos, plátano, kiwi, piña… O iogur natural con froitas ou froitos vermellos é unha das combinacións máis repetidas para gozar do almorzo ou unha merenda saudable.

Se facemos un “mix” de froitos vermellos e froitas para incluír no iogur natural podemos obter, ademais dun sabor incrible, moitos beneficios a partir dos nutrientes que conteñen: antioxidantes, vitaminas, fibra e minerais.

3| Con cereais

Avea, chía, flocos de trigo,  granola… Mesturar Iogur Natural Larsa con cereais pode achegar ao noso corpo a enerxía suficiente para todo o día. Cunha gran achega de fibra, axudan a mellorar o tránsito intestinal, a coidar a microbiota intesinal. Todo vantaxes!

Existe unha gran cantidade e variedade de tipos de cereais que nos permiten gozar dun almorzo ou merenda novo cada día, por que repetir se podes facer numerosas combinacións?

Pequenos caprichos perfectos para a fin de semana

Pode ser a sobremesa ou o capricho da fin de semana, o iogur con chocolate (ou crema de cacahuete) é unha combinación perfecta.

1| Chocolate

Aínda que incluímos o chocolate en pequenos caprichos para a fin de semana, podes optar por chocolate negro que teña mínimo un 70% de cacao e sexa baixo en azucres. Por que? Canto máis cacao ten o chocolate, máis beneficios ten para a saúde. Xa sabes, Aquí  Facémolo Así, e podemos gozar sen remorsos 😉

Para engadir chocolate ao noso Iogur Natural Larsa podemos facelo de moitas maneiras: en pebidas, derretido, en po, relado…

Queres innovar e dar un gran capricho? Proba a combinar chocolate con leite, chocolate branco e pebidas de chocolate negro no teu iogur. Non te arrepentirás, só apto para os máis  larpeiros.

2| Crema de cacahuete ou marmeladas

Mmmmm fáisenos a boca auga de pensalo. Ademais de todos os toppings que vimos antes, agora chega a quenda da guinda do pastel, ou da salsa 😉

Podes dar o toque final ao teu Iogur Natural Larsa con marmelada caseira (a de pera é a nosa favorita, pero podes facela do que teñas na casa, bótalle imaxinación) e gozar do sabor da froita e a calidade de Larsa.

Se poñemos un fondiño de marmelada caseira nun vaso e encima botamos o Iogur Natural quedaranos unha combinación moi vistosa e deliciosa. Pero, e se damos un paso máis cara á “ larpeirada”? Crema de cacahuete! Pode soar moi americano, pero asegurámosche,  Larseiro, que esta combinación non defrauda.

Un pouquiño de crema de cacahuete por encima do iogur natural, uns cacahuetes ou pebidas de chocolate por encima… E listo para saborear!

As nosas combinacións favoritas para o Iogur Natural de  Larsa

  1. Plátano, avea e améndoas
  2. Mazá, cereais e mel
  3. Cereais, amorodos e arandos
  4. Kiwi,  chía e avea
  5. Avea,  kiwi e piña
  6. Arandos, pebidas de chocolate e marmelada de amorodo
  7. Cereais e pebidas de chocolate
  8. Amorodos e noces
  9. Pebidas de chocolate, avea e marmelada de cacahuete
  10. Marmelada caseira de pera, avea e  chía

Os Iogures  Larsa son os preferidos dos cocinillas, porque achegan un toque diferencial aos pratos salgados e doces. Non o cres? Bota unha ollada a este post do noso blog no que contabamos 4 ideas irresistibles que podes facer cun Iogur Larsa: Salsa de iogur á feira, Pizza de raxo, Biscoito de vainilla e Iogur xeado ou xeado de iogur.

Larseiro, xa ves que non hai límites cando falamos de Larsa 😉

1453