Preparamos a xelatina de amorodo cumprindo as indicacións do fabricante. Desa xelatina separamos 200 ml e deixámola arrefriar no frigo para que calle só un pouquiño.
O resto da xelatina deixarémola a temperatura ambiente e reservamos para a mousse. Unha vez callen eses 200 ml (máis ou menos ata que estean semilíquidos) engadímoslle amorodos partidos en cadrados e enchemos a copa.
Poñerémola sobre un molde ou algo similar que permita deixar a copa inclinada e deixamos que calle completamente no frigorífico.
Unha vez callada a xelatina preparamos a mousse, montando a nata co azucre.
Cando teñamos a nata xa montada, engadimos a xelatina que tiñamos reservada.
Importante: esa xelatina ten que estar fría, non debemos mesturar en quente, ademais de que é importante que non estea callada de todo. Se iso sucede, podes quentala uns segundos no micro.
Mesturamos a nata e a xelatina suavemente, enchemos as copas e deixámolas na neveira un máximo de 2 horas.
Decoramos ao noso gusto… E listo.
© 2024 All Rights Reserved.