5 receitas de batidos con iogur para o verán

Chega o verán e con el as receitas frescas, fáciles e rápidas de elaborar. Un tempo no que estamos máis fora que dentro de casa e non queremos complicarnos demasiado á hora de pensar ou elaborar o noso menú semanal.

Para este tipo de casos, o batido convértese -á hora do almorzo, sobremesa ou merenda- na opción preferida de moitos. E como ocorre o mesmo co iogur, en Larsa decidimos combinalos, para crear unha recompilación de cinco receitas de batidos con iogur para o verán. Un alimento cheo de vitaminas e antioxidantes!

Recrea as nosas receitas ou crea as túas propias versións. Preparado, Larseiro?

 

Batido de galleta, amorodos e iogur bífidus de mandarina

Cando falamos de batidos, falamos de infinidade de posibilidades, tantas como froita ou ingredientes queiras botarlles. Entre este amplo abanico, non podía faltar a combinación de galleta, amorodo e iogur. Tres ingredientes que, combinados con canela e mel, ofrecen un resultado extraordinario. 

Ingredientes:

  • Iogur bífidus de mandarina
  • Amorodos
  • 4 galletas
  • 1 vaso de leite (Enteiro, Desnatado ou Semidesnatado)
  • 1 cullerada de azucre
  • Unha cullerada de mel
  • Un chisco de canela

 

  1. Introduce o iogur bífidus de mandarina nun recipiente apto para bater.
  2. A continuación, engade os amorodos, a mandarina, as galletas, o leite, o azucre, o mel e a canela.
  3. Bate ata integrar todos os ingredientes.
  4. A gozar!

 

Batido de piña, xenxibre e iogur desnatado de coco

Se a piña é refrescante, imaxina un batido de piña, xenxibre e un iogur desnatado de coco. Xa se che fai a boca auga? E non só terá un sabor fresco e intenso, senón que, ademais, gozarás dos grandes beneficios nutricionais destes tres alimentos. Por non falar do seu baixo contido en graxas, só un 0,1% do noso iogur de coco!

 

Ingredientes:

  1. Introduce o iogur desnatado de coco nun vaso de batedora ou recipiente apto para bater.
  2. Engade os 200 g de piña xunto ao medio xenxibre.
  3. Bate ata conseguir integrar estes tres alimentos. A gozar!

 

Batido de plátano e iogur bífidus de cereixa

Fácil, rápido e ideal para nenos e non tan nenos! Para a elaboración deste batido só necesitarás dous ingredientes; un iogur bífidus de cereixa e un plátano.

O resultado é un batido de froita e iogur moi cremoso. De feito, se queres un resultado aínda máis cremoso, recomendámosche que utilices un plátano un pouco pasado. En cambio, se desexas un resultado de batido xeado, bótalle plátano conxelado.

 

Ingredientes:

  • Iogur bífidus de cereixa
  • 1 plátano
  • Flocos de avea
  • Froita como topping

 

  1. Introduce o iogur bífidus de cereixa nun vaso ou recipiente apto para bater.
  2. Corta o plátano en dous (en caso de non estar conxelado) e engádeo ao iogur.
  3. Bate todos os ingredientes ata conseguir unha mestura homoxénea.
  4. Verte os flocos de avea sobre un vaso. A continuación, introduce o batido previamente realizado. Cúbreo con avea e froitas. A gozar!

Os flocos de avea e a froita son opcionais. Se o prefires, podes consumir o batido de iogur bífidus de cereixa e plátano tal cal, sen estes dous ingredientes. Estará delicioso igualmente!

 

Batido de laranxa e iogur bífidus de mandarina

A combinación de laranxa e mandarina só podía significar unha cousa; un batido de iogur mooooi refrescante con grandes achegas de vitamina C e minerais. Un alimento que te enchera de enerxía e de propiedades antioxidantes. Tómao de almorzo e goza dos seus beneficios desde primeira hora da mañá!
 

Ingredientes:

  • Iogur bífidus de mandarina
  • 1 laranxa grande
  • 1 limón
  1. Engade o iogur bífidus de mandarina nun recipiente apto para bater.
  2. Introduce os cuarteiróns de laranxa.
  3. Espreme medio limón sobre o iogur e os cuarteiróns.
  4. Bate todos os ingredientes ata conseguir unha mestura homoxénea.
  5. A gozar!

 

Batido de amorodo e iogur desnatado de coco

Un cremoso batido de iogur con matices de coco e amorodo. Con poucos ingredientes, e sen quitarche moito tempo, converterase no aliado perfecto para esta tempada. Ten moi a man esta receita, quererás repetila en bucle!

 

Ingredientes:

 

  1. O primeiro que debes facer é cortar os amorodos pola metade. Unha vez esten cortados, introdúceos nun vaso ou recipiente apto para bater.
  2. Engade o iogur desnatado de coco xunto ao leite frío.
  3. Bate ata obter unha mestura homoxénea. Unha vez conseguida, verte o batido nun vaso. A gozar!

 

1338