Larsa é a primeira marca de Leite de Pastoreo de Galicia certificado. O réxime de Pastoreo é sinónimo de Larsa e, en poucas palabras, vén significar: calidade, vacas máis felices e coidado do medio ambiente.
En Larsa sempre presumimos de que o noso Leite é 100% de Pastoreo, 100% galego. Pero, cales son as diferenzas entre o Leite de Pastoreo e o leite de vacas que non pastan?
Segue lendo para coñecer en profundidade as diferenzas e saber, dunha vez por todas, por que deberías consumir Leite 100% Pastoreo.
Que é o Leite de Pastoreo?
O Leite de Pastoreo é o leite que procede de explotacións gandeiras en réxime de Pastoreo certificado. O Pastoreo é un modelo natural que permite que todas as vacas pasten ao aire libre, respectando o seu desenvolvemento natural.
As vacas saen a pacer a prados amplos, con herba fresca e abundante durante un mínimo de 6 horas ao día e 120 días ao ano.
A liberdade das vacas, a contorna natural e a alimentación de calidade permiten obter un produto excelente, cunha textura máis cremosa e un corpo máis consistente. Un leite 100% galego que Larsa recolle en máis de 500 ganderías de tamaño medio, situadas en diferentes zonas de Galicia cos mellores pastos e as mellores Paisaxes de Pastoreo da comunidade.
E é que o éxito do noso Leite de Pastoreo é que mantén o coñecemento e a tradición da gandería desenvolvida desde sempre en Galicia, respectando o medio e mantendo a contorna.
Pero, cales son as diferenzas?
Vacas felices
Unha das principais diferenzas do Leite de Pastoreo é que o estilo de vida das vacas de Pastoreo é moi diferente.
A gandería en Pastoreo é un modelo de produción que permite ás vacas pacer ao aire libre un mínimo de 6 horas ao día, 120 días ao ano. Isto tradúcese nunha mellora na calidade de vida das vacas, que viven sen #estrés e en permanente contacto coa natureza.
Vacas máis relaxadas que se alimentan de herba fresca, garantindo unha alimentación máis nutritiva e equilibrada. Sabías que o seu modo de vida fai que vivan máis anos?
Beneficios para a saúde
Os factores xenéticos, ambientais e, sobre todo, a composición da dieta consumida polos animais, determinan o perfil nutricional e de ácidos graxos do leite.
O Leite de Pastoreo contén todos os elementos nutritivos, do mesmo xeito que o leite convencional. Con todo, o Leite de Pastoreo presenta unha lixeira mellora no seu valor nutricional, segundo puido demostrar un estudo levado a cabo pola Xunta de Galicia xunto AGACAL (Axencia Galega da Calidade Alimentaria) e o LIGAL (Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite).
En primeiro lugar, existe unha diferenza a favor do Leite de Pastoreo no seu perfil lipídico, ademais dunha diminución no contido graxo e unha variación no tipo de ácidos graxos.
Por outra banda, o contido das vitaminas e antioxidantes do Leite de Pastoreo tamén se ve aumentado.
Grazas á alimentación das vacas de Pastoreo, o leite presenta unha lixeira maior porción de carotenos e de vitaminas liposolubles, como son as vitaminas A e E. A vitamina A, forma parte en moitas funcións estruturais e axuda na mellora dalgunhas funcións como é a vista. En cambio, a vitamina E contribúe á protección celular fronte ao dano oxidativo, causante e responsable de danar as nosas células e avanzar os procesos de envellecemento.
Calidade do producto
Outra diferenza fundamental -entre o Leite de Pastoreo e o leite convencional- é a calidade do produto. O Leite de Larsa está avalado polo selo SGS, unha entidade suíza que inspecciona e certifica o cumprimento normativo do réxime de pastoreo e da calidade do produto.
Vacas felices e leite de maior calidade cun mellor perfil nutricional. Todo iso converte ao Leite de Pastoreo nun leite de maior calidade, mellor sabor, textura e máis cremosidade. Unhas calidades que explican que o Leite Larsa manteña o mesmo sabor de sempre, a Leite de Pastoreo, a leite de verdade.
A calidade dos produtos de Larsa é apreciada polos galegos. É por iso, polo que Larsa mantense, por quinto ano consecutivo, como a marca máis consumida en Galicia e favorita dos galegos á hora de encher a súa cesta da compra.
Sabor e tradición
O Pastoreo é un modelo asentado na tradición de Galicia, que consiste en alimentar e criar ás vacas como se fixo sempre, ao aire libre, cun permanente contacto coa natureza.
Todo iso converte ao Leite de Pastoreo nun produto con sabor a leite de toda a vida. O Leite de Pastoreo contén un corpo e textura que che trasladan ao pasado. Unha forma de respectar as nosas orixes, preservando o saber facer dos nosos avós.
E é que a esencia de Larsa mantívose ao longo dos anos.
Sostibilidade
Os pastos son unha parte fundamental do réxime do Pastoreo. Neles pacen as nosas vacas, que se alimentan de herba fresca e abundante e auga procedente de fontes naturais. A súa alimentación natural implica producir produtos máis sans e de calidade.
Pero non só iso, senón que o Pastoreo relaciónase directamente co respecto e coidado do medio ambiente.
Este modelo de produción contribúe á biodiversidade do territorio galego. Isto é debido a que, ao manter abertos os corredores de paso que conectan distintos hábitats, favorécese a dispersión de sementes.
Ademais, o réxime de Pastoreo prevén os incendios. Isto é debido a que as vacas abren zonas de paso que actúan como cortalumes naturais.Tamén se rexenera o chan grazas ao esterco natural das vacas.
Como conclusión, podemos determinar que o Leite de Pastoreo presenta claras diferenzas fronte ao leite de vacas que crecen en cortellos. Diferenzas non só na mellora do produto, senón tamén nas implicacións que ten no medioambiente e no coidado das vacas.