4 sobremesas Larseiras para este Nadal 

En Nadal, a cociña é o corazón da casa. Nela, rescátanse as receitas familiares, prepáranse os mellores pratos e ás veces, ata se canta ou baila un pouco. Durante o Nadal, as sobremesas son sempre a guinda da festa.  

E é que, aínda que un estea cheo, sempre hai oco para a sobremesa. Se es dos que sempre reproduce as mesmas receitas ou, pola contra, gústache explorar a cociña a outro nivel, temos 4 ideas de sobremesas Larseiras para este Nadal. 

 Fáiseche a boca auga ao pensar en Pana cotta de turrón, tronco de Nadal con crema de manteiga de laranxa, biscoito de turrón ou mousse de limón? Contámosche como preparalos! 

1. Pana cotta de turrón con ganache de turrón e tella de rosco  

Todos sabemos que o turrón é un básico do Nadal. Por iso, traémosche receitas que respectan o seu sabor, pero que van máis aló da típica bandexa de turrón, presente en todas as ceas familiares.  

Esta Pana cotta de turrón é unha sobremesa moi sinxela, elaborada con moi poucos ingredientes. Con eles, prepararás unha sobremesa que encantará a todos e deixará a maiores e pequenos coa boca aberta.  

En menos de 10 pasos, terás a túa Panna cotta de turrón con ganache de turrón e tella de rosco de viño, lista. Descobre todos os detalles, aquí.   

2. Tronco de Nadal con crema de manteiga de laranxa  

Hai moitas sobremesas do Nadal e logo está o tronco de Nadal. Unha receita que, como ben indica o seu nome, prepárase durante as festas do Nadal para compartir con amigos e familiares. Se o teu obxectivo é elaborar unha sobremesa típica destas festas, coa que todos queden encantados, esta receita de tronco de Nadal con crema de manteiga de laranxa é unha boísima opción.  

Unha receita sinxela, coa que gozarás dunha sobremesa acorde a estas datas. Árbore de Nadal, comida lista e tronco de Nadal na mesa. Descobre todos os detalles aquí! 

3. Biscoito de turrón  

Como non podía ser doutra maneira, a nosa terceira receita tamén ten o turrón como protagonista. Esta vez, en forma de biscoito. De textura esponxosa e delicioso sabor, este biscoito de turrón é unha boísima opción se non queres complicarte demasiado. Asegurámosche que, a pesar da súa sinxela elaboración, é un acerto seguro.  

En só 7 pasos, terás o teu biscoito de turrón listo para saborear e gozar. Accede á receita completa aquí!

4. Mousse de limón  

A nosa última receita farase un oco na cociña de todos aqueles amantes do limón. Unha mousse de limón cuxa elaboración só precisa 4 ingredientes e 15 minutos do teu tempo. Unha sobremesa moi dixestiva, ideal para as ceas pesadas. Con ela, gozarás dun sabor fresco e delicioso. Contámosche aquí todo o que precisas saber e mesmo, no último paso da elaboración, dámosche alternativas para mellorar a receita e experimentar un pouquiño máis. Que o goces!  

Esta é a nosa proposta de 4 sobremesas para este Nadal. Segue a que mellor encaixe contigo e comparte o resultado final connosco a través das redes sociais. Asegurámosche que todas teñen o éxito asegurado e todos quererán repetir!

581