O Pastoreo, un modelo de produción sostible

O Pastoreo é un modelo asentado na tradición de Galicia, pero tamén na historia de Larsa. Un réxime que permite ás vacas pacer ao aire libre, sen abafos e sen estrés, durante un número determinado de horas ao día. O resultado son produtos que cumpren os altos estándares de calidade, cun delicioso sabor e unha consistente textura, que velan pola saúde dos nosos Larseiros, o benestar das nosas vacas e o respecto polo medioambiente. Todo isto apunta a que o Pastoreo é un modelo de produción gandeira sostible, a que si? Segue lendo para descubrilo! 

Liberdade e control do gando 

A principal característica diferencial do Pastoreo é a liberdade da que gozan as nosas vacas. Elas saen a pastar durante un número determinado de horas ao día, o que lles permite gozar da tranquilidade dos pastos, desenvolvéndose no seu hábitat natural e evitando o estrés, tan habitual nas ganderías que non son de Pastoreo.  

Para obter o certificado de Pastoreo que expide SGS, as ganderías de Larsa teñen que garantir que as súas vacas pacen un mínimo de 120 días ao ano, 6 horas ao día.  

Pero pacer non significa só liberar ás vacas nun pasto. Os nosos gandeiros teñen que acreditar formación no manexo dos pastos, contar cunha carta de cualificación sanitaria e levar un rexistro coas necesidades sanitarias de cada unha das súas vacas, documentación que se revisa en cada inspección. 

O manexo dos pastos é propio de ganderías sostibles. E é que unha das características asociadas a este sistema de produción determina que todos os coñecementos deben estar organizados e escritos. Isto permite levar un control do gando, podendo volver a eles sempre que se precise.

Características dos pastos 

Para que os pastos sexan considerados de Pastoreo, teñen que cumprir unha serie de requisitos. Por unha banda, deben ter herba fresca e abundante con polo menos 5 cm de alto. E, doutra banda, deben contar cun amplo terreo para as vacas, concretamente dunha hectárea de terreo por cada 2,5 vacas adultas. 

Dende o punto de vista da sustentabilidade, todo isto é un plus: As vacas, ao contar cun amplo terreo para pacer, consomen a herba directamente dos pastos, alimentándose de forma natural e reducindo o gasto enerxético e o uso de materias primas necesarias para elaborar alimentos artificiais. A natureza bríndanos o seu alimento! E por se iso fose pouco, a alimentación das vacas estimula o crecemento de especies vexetais no territorio no que viven, compensando os niveis de carbono.
 

O resultado: Vida máis relaxada e sostible 

Nos pastos, a vida das vacas é moi tranquila. Elas pastan, sen estrés nin abafos, gozando da paz das paisaxes de Pastoreo galegas, da compañía das súas compañeiras e resgardándose á sombra dunha árbore se teñen calor.  

E é que o Leite de Larsa recóllese en máis das 500 ganderías certificadas en réxime de Pastoreo de tamaño medio. A tranquilidade do ambiente e a alimentación natural das vacas son dous factores crave a ter en conta se falamos dun modelo de produción sostible. E é que todo isto mellora a saúde e a calidade de vida das nosas vacas. Vacas felices que viven máis anos que as de ganderías industriais!

Reduce as emisións e aproveita os recursos animais

Como falabamos neste post, o Pastoreo ten implicacións para o medio ambiente. Entre os seus beneficios, podemos destacar a súa acción contra o cambio climático, o respecto pola biodiversidade, a redución do risco de incendios, a rexeneración do solo, ou outro tipo de implicacións como o mantemento da poboación rural.  

Por isto e moito máis, o Pastoreo é un modelo de produción sostible. Un sistema con grandes vantaxes, que garante a saúde dos consumidores, a calidade de vida dos animais e o respecto e o coidado polo medio ambiente. A próxima vez que esteas no supermercado e escollas algún dos produtos de Larsa, ademais de gozar de todo o seu sabor, estarás a elixir un produto elaborado con Leite de Pastoreo certificado 100% Galego. Un alimento que nace dun modelo de produción sostible, que fomenta a contorna rural, que coida das vacas e dos seus consumidores. #AquíFacémoloAsí
 

 

808